Apesares de que a situación económica obriga a cambiar o modelo produtivo e nese sentido o investimento en educación promove a capacitación dos traballadores e traballadoras para avanzares cara a excelencia que sexa quen de outorgarlle un valor engadido a nosa economía produtiva, mellorando así a competitividade do noso tecido produtivo local, o PP coas súas medidas ideolóxicas está a empobrecer o noso sistema educativo.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que o goberno municipal non so aplica recortes en ensino, sino que e incapaz de defender aos coruñeses e coruñesas diante da xunta ou o goberno central. Así nos orzamentos para o 2012 recortase máis de medio millón de euros, o 52% respecto ao ano 2011, na partida orzamentaria para obras de arraxo de colexios públicos, apesares das múltiples queixas das AMPA en canto ao deficiente estado de conservación de moitas instalacións do ensino público da nosa cidade. Os recortes tamén afectaron as novas Tecnoloxías, reducíndose un 36% a partida correspondente a “contratos da rede informática dos centros escolares”, ou o recorte do 15% das achegas á UNED.
Subliñar o silencio cómplice do Goberno municipal diante dos incrementos das taxas universitarias ou da masificación das aulas que derivan dos recortes do goberno central. O mesmo que sucede coas actuacións en contra do ensino público por parte da Xunta de Galicia que nos arrebatou o IES Paseo das Pontes nun claro intento de favorecer o ensino concertado, mentres o goberno local miraba cara outro lado por intereses partidistas, o mesmo que sucedeu cando a Xunta, unilateralmente, rachou o acordo para que a USC xestionase publicamente a residencia universitaria que se ten que construír, para privatizar a súa xestión, demostrando o Goberno municipal que ten por riba os intereses do PP que os da veciñanza da Coruña.
Esquerda Unida denuncia que o Concello deixou sen executar 1,1 millóns de euros en educación no 2011 dos 7,3 millóns comprometidos como amosan os datos da liquidación do 2011. Precisamente cando é máis necesario investir en educación e capacitación para que o noso tecido produtivo teña traballadores mellor cualificados e conseguir así maior competitivade, o Goberno municipal, non so recorta senón que é incapaz e executar parte das partidas orzamentadas.
Esquerda Unida denuncia que as medidas adoptadas en ensino polo concello prexudican a conciliación da vida familiar e laboral das familias traballadoras coruñesas. Efectivamente o Goberno municipal tamén fallou as familias traballadoras coruñesas en canto a conciliación da vida familiar e laboral, precisamente cando máis se necesitan políticas de apoio e integración familiar debido ao contexto de crise que estamos a vivir e a consecuente falta de recursos das familias traballadoras. Lembramos o medio millón de euros eliminados dos orzamentos no segundo modificativo de crédito para a creación dunha escola infantil, cando a oferta de prazas e claramente inferior á demanda até o punto de que máis de 650 familias quedáronse sen praza na rede de escolas infantís coruñesa. Neste mesmo sentido temos que subliñar a redución de 12 h. anuais do servizo de canguros a domicilio, o cambio de localización do servizo de canguros para desincentivar o seu uso, ou a reducción de 183.000 € para as actividades extraescolares.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “aqueles gobernos que no desenvolven os investimentos necesarios en ensino, condenan ao seu pobo a mediocridade. Semella que os gobernos: municipal, da Xunta e central, todos do PP, están a esquecer este axioma universal”.