Políticas continuístas do goberno

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que existen probas evidentes de que o sector da construción está esgotado, polo que é necesario que o goberno local promova a súa reconversión. O ladrillo e o formigón, que trae aparellada a especulación, ten parte de culpa da extrema virulencia coa que está a golpear a crise ao noso Estado. De todos é coñecido que o actual modelo produtivo que promoveron os dous grandes partidos, PP e PSOE, está esgotado.

O voceiro de EU-V, César Santiso, citou distintos exemplos como “a paralización dos polígonos residenciais de Someso e o Ofimático, as múltiples obras paralizadas ou o número de vivendas baleiras apesares da redución do seu prezo nun 14% no último lustro”, por riba da media galega, que veñen a demostrar a necesidade dun urxente cambio do modelo produtivo, tamén no eido local. Situación que obriga aos poderes públicos a redobrar esforzos para promover o dito cambio de modelo, no que semella fundamental central a actividade económica en producir servizos a cidadanía en lugar de mercadorías que como ven sabemos hai moi pouca demanda de consumo debido a fonda crise económica e os recortes.

Esquerda Unida denuncia que, apesares das evidencias, o goberno municipal centra as súas políticas en promover a construción, como se pode observar nos orzamentos do 2013 ou na vontade de desenvolver unha faraónica obra millonaria e innecesaria como o soterramento o tráfico no Parrote. Esta falta de miras do goberno local tamén se pode observar na prema e esforzo desenvolvido para aprobar o PXOM e agora no PEPRI, en contraposición co investimento en actuacións que permitan recuperar o tecido produtivo local.

En definitiva o PP está a desenvolver políticas continuistas como si nada acontecese nestes últimos anos, obviando o sufrimento da veciñanza e as cifras de desemprego, que amosan con claridade que o problema do paro non está na construción, senón no sector servizos que supón o 70% do desempregos da nosa cidade, concretamente, 17.138 persoas.

Relacionados