PONTEVEDRA. A esquerda plural

 

En rolda de prensa co concelleiro da ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS e membro de Esquerda Unida Xoan Manuel Pazos o cabeza de lista de EU lembrou que ESQUERDA UNIDA concurre a este proceso electoral con máis de 20 forzas políticas con diferentes visións en canto ao modelo de estado: independentistas como Bartzarre en Navarra, nacionalistas como a Chunta Aragonesista ou mesmo de carácter federal como Os Verdes ou a propia EU.

 

Lembrou que fixeron falla moitos anos para esa converxencia social e política da esquerda que hoxe temos en Cangas pero que seguramente poderemos exportar a moitos outros frentes de loita social e mesmo electoral no futuro porque a clase traballadora así o precisa: unha forza alternativa e plural da esquerda organizada e anticapitalista.

 

O concelleiro do ACE Xoan Manuel Pazos lembrou que EU é unha forza en ascenso, non só electoral senón de implementación social ao tempo que Rubén Pérez lembraba que na comarca de Vigo escasos votos e unha lei electoral inxusta impediron que en Gondomar e Vigo hoxe teñamos dous ou tres concelleiros de EU.

 

Rubén Pérez sinalou as prioridades programáticas de ESQUERDA UNIDA centradas nun plan ambicioso de emprego (na contorna de 3 millóns de emprego) a financiar mediante o aumento do peso da contribución fiscal ao 40% do PIB como no resto da UE, a persecución do alto fraude fiscal, a implementación fiscal de que “quen ten máis paga”, a creación dun imposto sobre o beneficio empresarial e o gasto público.

 

Rubén Pérez recordou que forzas que apelan ao vóto útil como o PSOE e o BNG terían que explicar programáticamente para que políticas, xa que un programa que vale para a patronal da conserva ANFACO, culpable de deslocalizacións de tecido productivo no sector no morrazo á países latinoamericanos, é incompatible con un programa útil para os traballadores e traballadoras que quedan sen emprego polo peche destas industrias. “A contradicción que sufrimos os traballadores e traballadoras é a do capital-traballo, rematou declarando o cabeza de lista de EU”.

Relacionados