ACto público Ponteareas

Pontevedra. Acto en Ponteareas

Máis alá das eleccións do 20N, Esquerda Unida pretende constituír unha fronte social alternativa no cal converxan diferentes movementos sociais para facer fronte ás políticas neoliberais. Consideramos que a política se debe facer en contacto coa cidadanía, gobernar có pobo e non para o pobo, con esta ideoloxía xa expusemos a elaboración do programa electoral como un traballo colectivo mediante a participación de colectivos e movementos sociais nas asembleas programáticas.


Seguindo con esta metodoloxía trocaremos o mitin clásico de campaña por un foro aberto ao cal convidamos a participar aos membros activos de colectivos locais.


Porque non somos un partido clásico senón un movemento social alternativo propomos novas formas participativas de facer política na que a colaboración cidadá é imprescindible.


Con este escrito quedades convidados a este foro aberto baixo o lema “democracia ou mercados”(fronte á dicotomía bipartidista) o sábado 12 de Novembro na sala de conferencias do auditorio Reveriano Soutullo as 20h.

Relacionados