Rubén Pérez Correa

Pontevedra. EU contra o Decreto das tarifas sanitarias do SERGAS

O coordinador local de EU en Vigo e cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA pola provincia de Pontevedra valorou hoxe o Decreto aprobado pola Xunta sobre as tarifas sanitarias para o SERGAS e lembra que o noso sistema de saúde é un sistema esencialmente PÚBLICO E UNIVERSAL e que se todas as horas laborais deste país cotizaran legalmente o superávit da seguridade social sería infinitamente maior. Se os centos de contratos en negro e se as débedas dos empresarios e, por exemplo, dos clúbes de fútbol coa Seguridade Social se cobrasen non existirían ni recortes de camas en centros, nin listas de espera nin hospitais xestionadas polo capital privado

O candidato de EU recordou hoxe durante a valoración desta actualización tarifaria do Sergas publicada no DOGA que  EU vai defender o sistema de saúde en todo o estado nos seus principais carácteres que tanto costou conquerir: público, universal, de calidade, integral, solidario e de equidade garantida. EU considera obxectivo irrenunciable dar a cobertura e servizos para garantir o dereito constitucional da cidadanía á protección da saúde, sen discriminación de ningún tipo. E non só na vertente reparadora ou curativa senón tamén nas accións de prevención e promoción de saúde.

EU entende a saúde é un dereito e non unha mercadoría. Polo que defenderá a universalización da sanidade como prestación non contributiva e dereito subxectivo. ¿Qué considera o PP como uso irresponsable? ¿Estar enfermo e non poder pagar un servicio de saúde por non estar cotizando nin ten ningún tipo de prestación? O candidato de EU considera que este tipo de políticas contradín de raiz a promesa de Rajoy feita no debate a dous do pasado luns de non tocar nin recortar a sanidade pública.

ESQUERDA UNIDA considera que detrás deste tipo de decretos atopamos os famosos globos sonda que o PP e o PSOE nos teñen acostumados nestes anos, ir dando pequenas dentelladas lexislativas para asestar o golpe final ao sistema público de saúde en canto a cidadanía este máis desprevenida. A táctica predadora da privatización e do copago encuberto.

Rubén Pérez suliñou que ao longo dos anos, o Sistema Nacional de Saúde e en Galicia do Sergas fixo gala dunha notable capacidade para xerar bos resultados sustentables con arranxo a distintos parámetros de rendemento. Estes logros alcanzáronse cun nivel relativamente baixo de gasto, se se compara coa porcentaxe do PIB que se dedica á sanidade noutros países europeos.

Relacionados