Eva Solla Fernández

Pontevedra. Igualdade

 

Eva Solla considera que a crise capitalista ataca directamente as condicións de vida aparentemente consolidadas e entre os sectores máis vulnerables atópanse as mulleres, dentro delas o segmento de idades máis novas e asalariadas.


Eva Solla lembra que a igualdade de homes e mulleres é un eixo fundamental da política de EU:

1. Dereitos políticos, democracia paritaria e orzamentos participativos.

2. Dereitos sociais e económicos das mulleres.

3. Frenar a violencia de xénero e a exclusión social.

4. Dereitos sexuales e reprodutivos:


– Creación dun Ministerio de Igualdade de Xénero/Muller.

– Modificación da Lei de Réxime Electoral General para garantir a paridade real nas listas electorais.

– Desenvolvemento efectivo de Orzamentos Participativos con Perspectiva de Xénero.

– Erradicación da brecha salarial entre mulleres e homes.

– Construcción dunha rede de Servizos Públicos que posibiliten a conciliación da vida laboral e privada.

– Equiparación do Réxime das Empregadas de Fogar ao Réxime Xeral.

– Funcionamento real do Fondo de Pensións de Alimentos en parellas divorciadas.

– Desenvolmento de políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución. É imprescindible a equiparación legal das vítimas de trata, tráfico e prostitución.

– Prohibición dos anuncios e publicidade de prostitución, que converten á muller en mercadoría, facilitan a proliferación de mafias, reflicten unha imaxe degradante.

– Despenalización total no Código Penal da Interrupción Voluntaria del Embarazo que garante su práctica en las 24 primeras semanas en la Sanidad Pública.

– Educación sexual regrada.

– Os métodos anticonceptivos deben considerarse como produtos fundamentais para a saúde. De ahí que propoñamos a rebaixa do tipo de IVA (4%).

– Control das axudas de Cooperación. Non financiando programas que fomenten a discriminación, afianzamento de roles ou segregación laboral.

 

Relacionados