Pontevedra. Manifesto cidadán

 

O manifesto asinado entre outros polo histórico avogado laboralista Fernando Randulfe, o catedrático de economía aplicada Xose Luis Outes, o escritor e académico Xesús Alonso Montero ou os secretarios das unións de CCOO de Arousa e Pontevedra entre outros quere ser vontade constructiva da esquerda plural tan necesaria.

 

 

O candidato de EU pola Provincia, Rubén Pérez considera un honor que senté tan significada da loita polas liberdades democráticas, polos dereitos sociais e laborais sumen o seu nome a unha vontade colectiva e plural como é a candidatura de EU ao congreso por Pontevedra. Un “compromiso” que recollemos honradamente os homes e mulleres de EU-OV para defender o que acertadamente recolle o párrafo final do manifesto: sempre adiante, sempre á esquerda.

 

O manifesto será presentado públicamente no ACTO DE PECHE de campaña de ESQUERDA UNIDA que se vai a celebrar no CENTRO CÍVICO DE TEIS o VENRES 18 ás 20:00 horas e que contará coa intervención final do propio candidato de EU ao Congreso Rubén Pérez e firmantes do manifesto.

 

Manifesto plural en apoio á candidatura de

ESQUERDA UNIDA en Pontevedra

 

A crise global do capitalismo, manifestada principalmente como unha crise financeira e de emprego, viuse agravada por unha crise enerxética e ambiental producida por un sistema que premia o afán de lucro en lugar do ben común. Hoxe as cifras de desemprego e precaridade laboral na provincia de Pontevedra son alarmantes, especialmente na comarca de Vigo que con máis de 60.000 desempregados supón un duro golpe a zona que aportaba ate fai ben pouco o 33% do PIB galego.

 

No mesmo sentido, a construción neoliberal europea entrou en crise e sofre dos males que lle diagnosticamos no seu momento fundacional, os gobernos actúan ao ditado dos especuladores, a soberanía popular está en dúbida e a democracia en cuestión. A economía ponse ao servizo de cada vez menos xente e de intereses cada vez máis inconfesables, as medidas que toman os Gobernos diríxense contra os traballadores e traballadoras, contra os pobos e contra as nacións.

 

Ao mesmo tempo, a guerra e a súa maquinaria de morte desprégase para pór os recursos naturais do planeta ao servizo dos intereses do capital e de manter o propio negocio da guerra.

 

Neste momento de fonda preocupación social, a indignación debe converterse en rebeldía organizada e nunha Alternativa que abra espazo á esperanza, trátase de buscar unha saída de esquerda á crise, trátase de politizar a crise, en definitiva de recuperar o nexo que nunca debeu romper entre economía, sociedade e política.

 

Desde esta realidade, estamos convencidos da necesidade de plantar cara ao neoliberalismo en todas as frontes, e de ampliar e fortalecer a alternativa programática e social que supón ESQUERDA UNIDA.

 

Poque é dende o encontro da esquerda plural que quere representar ESQUERDA UNIDA dende donde queremos construír con outros e outras, unha nova axenda para o cambio social, conectando co antigo soño dun mundo en liberdade e xustiza, sen represión, explotación, fame ou necesidade. O vello soño dos dereitos humáns de todos os dereitos humanos para todos.

 

Por iso é imprescindible una ESQUERDA UNIDA forte no Congreso dos Deputados,  para fortalecer á esquerda en Galicia e no Estado español, porque é ESQUERDA UNIDA a que ten un programa que avanza decididamente, tamén, na defensa dun novo modelo de democracia económica e social, na reforma do poder xudicial, nun novo sistema electoral xusto, na laicidade do Estado, cunha plena separación deste das Igrexas, da Católica en particular, e nunha superación das inxustizas de xénero.

 

Por iso apoiamos a ESQUERDA UNIDA, porque entre a dicotomía DEMOCRACIA ou MERCADOS eleximos como homes e mulleres de esquerda.

 

É o momento da esquerda alternativa, por nós e polo futuro dos que virán. Seguir ese camino tal e como dixo o noso querido Marcelino Camacho: Sempre adiante, sempre a esquerda.

 

Marta Albadalejo Iglesias (Avogada); Luis Alonso Bacigalupe (Profesor universitario) Xesús Alonso Montero (Catedrático de Universidade) José Manuel Alves Piñeiro (Sindicalista) Socorro Aramburu Núñez (Enfermeira) Jesús Araújo Nores (Médico ORL) Carmen Becerra Suárez (Profesora de Universidade) Carmen Bellas Becerra (Directora de Cine) Emilio Bellas Jiménez (Catedrático de Instituto) Gustavo Bodelón Velasco (Profesor de Instituto) Mohamed Boutinguiza Larosi (Profesor universitario) Blanca Camaño González (Catedrática de Instituto) Pedro Carrasco Solla (Xornalista) José Carlos Cermeño Iglesias (Economista) Manuel Angel Candelas Colodrón (Profesor de Universidade) Soledad Cuba López (Investigadora) Anxel Culebras Pérez (Profesor de Instituto) Manuel Dacosta Pardo (Inx. Técnico) Marcos Estévez Orge (Sindicalista) Roi Feijoo Rey (Arquitecto) Jesús G. Maestro (Profesor de Instituto) Mar García Feijoo (Profesora de Instituto) Jose Luis García Pedrosa (Sec Union Comarcal CCOO Pontevedra) José Gómez Alén (Catedrático de Instituto) Avelino González (Actor) Marina González Fernández (Profesora de educación especial) Luis González “Ferreiro” (Militante comunista da clandestinidade) Juan Jose Guirado Fernández (Arquitecto) Modesto Hermida (Catedrático de Instituto) Betty León Fong (Catedrática de Universidade) Belén López Rodríguez (Xornalista Primitivo) López Valcárcel (Avogado) Dolores López Altamirano Negro (Ama de casa) Carmen Luna Sellés (Profesora de Universidade) Nacha Maceda Corujo (Profesora de instituto) Javier Mariño Sieiro (Profesor de Instituto) Miguel Mariño Sieiro (Catedrático de Instituto) Marcos Martínez Domínguez Filólogo Rosa Martínez Guerrero (Catedrática de Instituto) A. Fernando Martínez Randulfe (Avogado) Silvie Mascuñán Tolón (Profesora de Universidade) Jacinto Mosquera Nogueira (Médico de familia) Carlos Núñez Rodriguez (Publicista) José Luis Outes Ruso (Catedrático de Universidade) Cándido Pazó (Autor teatral e contacontos) Alberto Pazó González (Enxeneiro Tecnico) David Pérez Álvarez (Investigador) María de los Angeles Portela Iglesias (Bibliotecaria) Mercedes Quiroga Barro (Profesor de Instituto) Manuel Ramos Cabrer (Profesor universitario) María Luisa Rodriguez Fernández (mestra e militante feminista) Juan Rodríguez Pinal (Enxeñeiro Profesor de instituto) Ramón Rozas (Xornalista) Eduardo Segura Domínguez (Licenciado) Rosa Segura (Catedrática de Instituto) Pilar Seoane Vázquez (Sindicalista) Julia Serra Rodríguez (Profesor universitario) Antonia Tato Fontaina Catedrático de Instituto Waldino Varela Dominguez Sindicalista xubilado Manuel Vázquez de la Cruz (Inxeñeiro Agrónomo) Rosa Vidal Vázquez (Escritora) Raimundo Vidal Moreira (Perito Industrial) Olga Zurrón Ocio (Mestra) Fernado Ramos Armesto (Sec. Union Comarcal CCOO Arousa) Jesus López Rodriguez (Sec. Federación Servicios a cidadanía de CCOO de Arousa).

Relacionados