Manoel G. Garrido

Pontevedra. Servizos públicos

Para Esquerda Unida os servizos públicos non poden ser unha mercancía. A dicotomía é Servizos Sociais de calidade ou máis axudas para os bancos.

Os servizos públicos de calidade son un dereito e non un regalo. Son o mellor garante da igualdade e xustiza. O seu recorte é empobrecemento da democracia.

Esquerda unida defende o seu desenvolvemente, especialmente da educación, a sanidade, a asistencia á dependencia e o garante dunha pensión digna, ata alcanzar a situación medio dos países da Unión Europea. Máis axudas para as persoas e menos para a Banca.

Manoel G. Garrido avanzou as principais propostas en materia de servizos sociais:

1-     A educación pública e os seus ensinantes. Xeneralización da escola infantil pública de 0 a 6 anos. Financiación dabondo do sistema de educación pública.

2-     A educación de calidade, científica e laica. Unha universidade ao servizo da sociedade e non das empresas.

3-     O carácter público da sanidade sen privatizacións de ningún tipo.  Opoñémonos ao repago.

4-     O aumento do catálogo de coberturas, o desenvolvemento da medicina preventiva e o aumento dos recurso financieros para garantir a universalización da asistencia sanitaria pública.

5-     Financiación e xestión pública da aplicación da Lei de Dependencia.

6-     Reforzo e consolidación do sistema público de pensións. Derogación da reforma do sistema aprobada polo Goberno do PSOE.

Somente uns servizos públicos de titularidade pública e de xestión pública, de calidade, universal e gratuíto pode garantir a igualdade de cumprimento dos dereitos fundamentais da persoa.

Relacionados