Eva Solla Fernández

Pontevedra. Propostas medioambientais

 

Eva Solla, nº 2 da candidatura de Esquerda Unida ao Congreso por Pontevedra, subliña que soamente EU ten defendido inamoviblemente durante estes derradeiros 25 anos de existencia a erradicación da enerxía nuclear do mix enerxético español e o aumento da fiscalidade ambiental para as empresas máis contaminantes.

Como elementos básicos a desenvolver na vindeira lexislatura, tralas eleccións xerais do 20 de Novembro de 2011, EU propón:


1- A creación dun Ministerio de Medio Ambiente que atenda de maneira exclusiva as cuestións derivada da conservación, coidado e protección do medio.


2- Unha reforma da Ley de Solo, introducindo criterios claros de obrigado cumprimento por parte das distintas autonomías e que articule canles de participación democrática da cidadanía.


3- Modelo enerxético de enerxías renovables, decentralizado e público. Substitución de combustibles fósiles e uranio por fontes renovables ao tempo que da pulo ao aforro e a eficiencia enerxética.


4- Peche de tódalas centrais nucleares e plantexar unha estratexia clara de xestión de residuos nucleares segura e responsable.

5- Creación dunha Lei Xeral de Transporte Sostible de carácter universal e público, que promova e abarate o transporte público, dándolle pulo ao criterio de a pé, en bicicleta e en tren.


6- A auga como dereito humán e un ben público de xestión pública.


7- Políticas medioambientais transparentes, promoveremos que as obras públicas teñan informes de impacto ambiental elaborados por organismos públicos e independentes entre outras medidas.


8- Reforma da Lei Xeral de Residuos cunha regulamentación que aposte por reforzar a xestión pública con técnicas non contaminantes e que non emitan gases de efecto invernadoiro.


9- Lei de Protección animal.


10- Lei de Paisaxe.


11- Nova Política Agraria Común, PAC, na Unión Europea, capaz de defender a agricultura familiar, protexer o medio ambiente e poñer coto ao control da cadea agroalimentaria por parte de grandes empresas. Políticas agrarias e alimentarias no marco da soberanía alimentaria.

Relacionados