Rubén Pérez Correa

Pontevedra. Reforma fiscal

 

O Candidato ao Congreso dos Deputados suliñou que o Artígo 31 da Constitución Española di: Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio. Con todo o propio FMI establece en alomenos 4 puntos do PIB español os regalos fiscais en España.

Para EU a proposta non é máis ou menos impostos, é xustiza fiscal: que tódalas rendas tributen da mesma maneira, sexan do capital ou do traballo, e que paguen máis os que máis teñen o gañan. No obxectivo de contar cós recursos dabondo para situar a creación do emprego por riba de todo. Na esquerda tamén preocupámonos polo déficit. O déficit excesivo prolongado no tempo limita as opcións das novas xeracións pero tamén é un instrumento de política económica mediante o cal se financian infraestructuras públicas e incluso se incentivan sectores industriais e emprego. O alto fraude fiscal (calculado en case o equivalente ao 24% do PIB) sigue lastrando moita inversión pública ao igual que o fai as sucesivas modificacións dos tramos do IRPF que fixeron que as persoas que declaran ingresos entre 60.000 e 120.000 euros anuais tributen no tramo do 43% en vez do 45% dos países europeos cunha fiscalidade máis xusta e progresiva.

Para o candidato de EU os obxectivos principais da reforma fiscal que propón Esquerda Unida son:

· Garantir os principios de equidade e progresividade establecidos na Constitución Española.

· Asegurar a financiación sen déficit superior ao 3% (entendendo para o conxunto do ciclo) das necesidades orzamentarias das Administracións Públicas, garantindo en todo intre a consolidación e desenvolvemento dos servizos públicos que constitúen o chamado Estado de Benestar, é moi especialmente a sanidade, a educación e a aplicación da Lei de Dependencia.

· Situar a contribución española na media de países da Unión Europea, ao exercicio final da lexislatura (2015) que a contribución fiscal se sitúe no 40% do PIB.

 

Relacionados