Pontevedra. Resumo acto en Marín

 

No acto interviron Eva Solla, candidata de Esquerda Unida-Os Verdes ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra e José Cuevas, candidato ao Senado.


Eva Solla recalcou que para Esquerda Unida-Os Verdes o emprego está “por enriba de todo”, polo que presentou o Plan de Choque para o emprego da coalición para 2012 que se basa principalmente na creación de empregos verdes para o aproveitamento forestal, rehabilitación sostible de vivendas e emprego social no marco da Lei da Dependencia. Sobre este último punto insitiu en que por outra banda resulta imprescindible para favorecer a reincorporación da muller ao traballo, nun momento en que a crise devolveu a moitas ao ámbito doméstico. Eva, lembrou que dende Esquerda Unida seguen cunha das súas reclamacións históricas: xornada laboral de 35 horas sin reducción de salario. Esta proposta, comentou, xeraría miles de postos de traballo e indicou algunas medidas para conseguilo.


Remarcou tamén a necesidade de axudar a autónomos e pequeñas-medianas empresas, lembrando que as empresas de menos de 10 traballadores contratan o 85% dos postos de traballo. Paralelamente insistiu en que é preciso atacar ao fraude fiscal, que produce unas perdas anuais de máis de 42.000 euros, facer aflorar a economía sumerxida e instaurar uns impostos progresivos para que os que máis teñen contribúan máis.


José Cuevas, pola súa parte, subliñou a importancia de que Esquerda Unida –Os Verdes estén presentes con grupo propio no Congreso, para defender os dereitos dos traballadores e o negativo que supón a actual Lei electoral, absolutamente inxusta según Cuevas, onde non todos os votos valen o mesmo. Por iso defendeu a necesidade da Reforma da Lei electoral para que se poida acercar á máxima “Un home= un voto” independientemente da zona de España de onde proceda. Por outra banda, Cuevas chamou aos votantes a reflexionar se desexan uns servicios públicos e de calidade, obxeto que defende o seu partido, ou privatizados, coma están a propiciar PSOE e PP e lembrou que a sanidade e educación son un dereito e deben ser públicos e gratuitos. Neste sentido, recordou aos asistentes o daño que supón a recente reforma Constitucional para a inversión nos servicios e infraestructuras públicas.


Os dous candidatos resaltaron a solvencia do plan de emprego de Esquerda Unida-Os Verdes, amplamente estudiado no que se explica claramente o presuposto necesario e as medidas de onde saldrían os cartos precisos para acadalo.


Posteriormente abriuse una rolda de palabras onde os asistentes expresaron as súas ideas e preguntaron a cerca do Programa electoral.

Relacionados