Por un sistema público de pensións

Esquerda Unida afirma a súa determinación de defender a integridade do sistema público de pensións diante desta nova agresión neoliberal do goberno do PP. O informe presentado polos presuntos sabios, en realidade case todos a soldo de bancos e aseguradoras, abre a aporta a un conxunto de ataques ás pensións públicas, ao rebaixar a contía e os dereitos das persoas traballadoras respeito ao seu salario diferido. O PP trata de reeditar un novo pensionazo. Esquerda Unida vai enfrontalo na rúa e nas institucións.

Os únicos que poñen en risco as pensións públicas – en realidade queren acabar con elas pola vía de facelas insignificantes – son as políticas neoliberais do PP de recortes nos servizos públicos, destrución de emprego e de subordinación de todas as necesidades sociaiss ao pagamento dunha débeda iléxitima. É necesaria outra política económica para afortalar e estender o sistema público de pensións, máxime cando un 25% das persoas maiores se atopna por baixo do limiar da pobreza.

Destrúenseos acordos políticos acadados que garanten o mantemento do poder adqusitivodas pensións.Ignóraseo marco político e social onde se teñen acadado os máis dos acordos en materia de pensións nestes anos, o pacto de Toledo. Destrución e esquecemento congruentes coa pretensións do capital financeiro de facer das pensións públicas o novo nicho de negocio pola vía de desvalorizar o sistema público e impulsar a ruleta dos plans privados de pensións.Ataque ás pensións que ten tamén un sesgo de xénero, pola vía de facer contas erradas na esperanza de vida.

Esquerda Unida se enfrontou á contrarreforma das pensións de Zapatero,e agora diante do anuncio dunha nova agresión do PP a un elemento central dos dereitos económicos e sociais da clase traballadora, chama a organizar unha fronte social para defender o actual sistema público de pensións. Esquerda Unida empraza ao sindicalismo de clase a defender as pensións públicas e a non servir de coartada ás políticas antisociaisdo PP. Esquerda Unida vai trasladar toda unha batería de iniciativas políticas nos concellos, o Parlamento Galego e no eido social en defensa das pensións públicas.

Compostela, 8 de xuño de 2013.

Relacionados