Por unha Coruña sen fronteiras

 

Esquerda Unida anuncia que inclúe no seu programa as propostas “por unha Coruña se fronteiras”. Froito do traballo conxunto en varias xuntanzas da Asociación sen papeis da Coruña e o Consello comarcal de Esquerda Unida. Así, entre outras medidas destacan:

 

· Compromiso do concello en mostrar tolerancia cero ante os feitos de racismo e discriminación por motivos étnicos ou de nacionalidade.

 

· Compromiso do concello en facilitar o acceso ás situacións de arraigo, mediante os informes municipais positivos.

 

· Compromiso do concello de facilitar ao máximo os procesos de empadronamento para as persoas estranxeiras, con e sen papeis.

 

· Cese do acoso policial ás persoas migrantes, con e sen papeis. Adhesión do concello á campaña “Ciudades sin Fronteras“.

 

· Facilitación do acceso a licencias para a venda ambulante. Facilitación do acceso a autorizacións para o traballo por conta propia.

 

· Acceso aos cursos de formación e capacitación laboral para persoas estranxeiras, con e sen papeis.

 

O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou que “aínda que algúns falan de programa participado e de participación cidadá, queda claro quen actúa como fala, logo das cinco  achegas completas que EU-V asume para o seu programa de Goberno”.

 

Finalmente, o consello comarcal de EU Coruña, fiel a democracia participativa que defende, afirma que ten a intención de asumir aínda unha nova achega do tecido social para incluír no seu programa electoral que pechará definitivamente mañá, pero anima a outras organizacións sociais a facer achegas que aínda que non se podan incorporar no programa, EU-V defenderá con igual intensidade.

Anexo V do programa coas propostas a Asociación Sen Papeis da Coruña

Relacionados