Por unha Lei do Solo consensuada.

A Executiva Nacional de Esquerda Unida considera que o consenso desta normativa ha de ser amplo. Polo que a participación do maior número de colectivos, dende partidos políticos ate organizacións ecoloxistas faise imprescindible para acadar unha normativa duradeira e completa.

Esquerda Unida reitera a súa petición de participación na comisión de elaboración da Lei do Solo. É preciso escoitar ás voces críticas, Esquerda Unida quere achegar unha análise que faga fincapé nos máis esixentes criterios de sustentabilidade e nunha regulamentación que sexa belixerante coas tramas de corrupción que minan o quefacer público. Temos que ser capaces de consensuar unha normativa que voltou á permisividade coa lei 2/2010 e que agora temos ocasión de debater e mellorar.

Yolanda Díaz coordinadora de Esquerda Unida, manifesta que “o Parlamento Galego debe escoitar a pluralidade crítica e representativa abríndose aos cauces da democracia participativa”. Opción totalmente imposible neste momento polas actitudes e políticas restritivas que o Partido Popular está a levar a cabo tanto a nivel nacional, local como estatal.

Por todo isto, Esquerda Unida mantén a súa solicitude de comparecer diante da Comisión para poder achegar as propostas para facer efectiva unha concepción sustentable do territorio.

 

Relacionados