Pora unha nova lei educativa

Fronte ao modelo privatizador elitista e retrógrado, deseñado de costas á comunidade educativa que encarna a LOMCE, a Área Nacional de Educación de EU considera necesario un marco legal do sistema educativo que garanta o dereito universal á educación en condicións de igualdade, unha escola pública de todos e parar todos, e que conte cun apoio social maioritario.

En coherencia con este plantexamento a Área Nacional de Educación de Esquerda Unida anunciou hoxe en Santiago de Compostela o inicio dun proceso de debate aberto a toda a Comunidade Educativa, asociacións, institucións civís e cidadanía en xeral, de cara a establecer os eixos básicos para unha nova Lei de Educación.

O proceso de debate, ao que a Área de Educación de EU convidará a participar ás todas tas organizacións galegas e persoas a título individual vencelladas ao eido da educación terá seu colofón final en Galicia na “ Xornada por Outra educación Posible” que se celebrará en Santiago de Compostela o 28 de marzo e na que se perfilarán as conclusións definitivas de todo e proceso, que serán elevalas ao debate a nivel estatal que se celebrará en Madrid o 14 de marzo.

O compromiso de EU (e de IU federal) é someter o texto final, froito dun amplo debate a referendo, de non gobernar, recurrir ás oportunidades legais que permitan a súa convocatoria ou ao menos o seu debate parlamentario.

Relacionados