Porto Exterior de Ferrol

para o acceso ferroviario ás obras de ampliación do porto exterior de Ferrol e que suporá un brutal golpe á ría de Ferrol e a súa actividade marisqueira.

A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, amosou a súa preocupación ante o anuncio publicado hoxe e que asegura traerá máis pobreza e destrución a comarca de Ferrol posto que o importantísimo impacto ambiental que vai ter esta infraestrutura na ría ferrolá terá como consecuencia ademais a perda de máis postos de traballo.

Alternativa Galega de Esquerda amosou unha vez máis o seu apoio aos veciños e veciñas afectados por este novo ataque dos gobernos do Partido Popular contra os intereses da cidadanía do común e máis concretamente contra Ferrol. Así mesmo, anunciaron que continuarán a loitar para evitar a destrución da ría e a realización destas obras as que xa presentaron alegacións e diversas iniciativas no Parlamento de Galicia.

Relacionados