Porto exterior

Esquerda Unida esixe máxima celeridade para a contrucción da conexión ferroviaria a Punta Langosteira para acadar o retorno económico desta custosa infraestrutura. O que resulta máis incómodo é o feito de coñecer que todos os retrasos habidos e por haber, estiveron directamente relacionados coa pésima planificación e xestión primeiro do PSOE e agora do PP. Na obra, realizada ao abeiro de garantir a seguridade marítima, pesaron e aínda pesan máis os intereses especulativos urbanísticos derivados de edificar nos terreos do porto interior, que as posibilidades de desenvolvemento económico relacionadas co tráfico de contedores no peirao do centenario que permitiría converter a bisbarra coruñesa nun referente mundial no tráfico de mercadorías.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno municipal sigue sen reclamar a imprescindible conexión por tren ao porto exterior. A pesar do tempo transcorrido e da importante cantidade de cartos públicos investidos e, principalmente, a xeración de emprego que pode supoñer a posta real en funcionamento desta infraestrutura. Dende EU temos claro que, para que Punta Langosteira actúe como revulsivo económico, é imprescindible que se conclúan e se aproveiten dunha vez por todas as instalacións deste eivado porto exterior, para o que é necesario crear as conexións axeitadas, tanto por estrada como ferrocarril, facendo así posible o traslado das actividades que actualmente son desenvolvidas no Peirao Centenario, coma acontece co almacenamento do Carbón destinado á central de Meirama (co que se eliminaría así a contaminación que seguen a padecer os veciños dos Castros e de Oza), así coma dos grans de cereais e dos graneis que chegan a este peirao.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou que “é frustrante comprobar como tanto o PSOE primeiro como o PP na actualidade desaproveitan unha oportunidade como esta para crear o necesario emprego que precisa a bisbarra.. Xa que logo, comprobamos cales son as prioridades para estes dous partidos que se foron alternando nos sucesivos gobernos no estado, na Xunta e no goberno local, empregando o Porto Exterior como arma política”.

 

Relacionados