Posición no pleno de decembro

APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO M3/2012 (VOTO EN CONTRA)

Durante o debate da aprobación inicial do expediente de modificación de crédito M3/2012, no Pleno ordinario do 5 de novembro, Esquerda Unida – Os Verdes deu sobrada argumentación dos motivos polos que o sentido do seu voto era negativo. Habida conta de que ningunha das alegacións presentadas foron estimadas polo Goberno municipal e, xa que logo, nada cambiou no devandito modificativo, anunciamos o noso voto en contra.

En primeiro lugar queremos expoñer a nosa máis contundente repulsa ao motivo que sustenta este modificativo, a eliminación da paga extra do Nadal aos empregados públicos, un dos moitos recortes antisociais e inxustos que está a impoñer o Goberno de Mariano Rajoy. Un goberno que está a aplicar unha xeira de medidas que non so non as incorporaba no seu programa electoral, senón que en repetidas ocasións afirmaron publicamente que non as ían desenvolver. motivo, que por si so xa deslexitima este modificativo.

En segundo lugar reafirmámonos no noso rexeitamento ao modo no que o goberno municipal fai uso dos cartos: non inviste nin un euro en reactivación económica e emprego apesares de que ser o maior problema dos coruñeses e coruñesas. Parabéns pola súa capacidade para escoitar as demandas da veciñanza. Nada de reforzar a economía local, nada de promover o tecido produtivo, o pequeno comercio, e case todo para grandes conglomerados empresariais, seguimos coa vella política de transferir as rendas das familias traballadoras cara aos máis poderosos.

En terceiro lugar, queremos denunciar que unha vez máis o PP pretende confundir á cidadanía enviando mensaxes mediáticas afastadas da realidade, así mentres anuncia en titulares que se trata dun modificativo centrado no gasto social, na praxe dos 2.436.653 € so se utilizan 75.000 € para emerxencia social. É dicir que unha vez máis o goberno local utiliza o termo “social” como unha coartada. Porque diante deses exiguos 75.000 €, o Goberno Municipal vai transferir 216.000 euros a empresas de telefonía, 404.000 euros a unha multinacional de tratamento de residuos e 700.000 euros a empresa privada que xestiona o transporte colectivo municipal.

En carto lugar, abraia observar como o goberno municipal argumenta que a supresión de 404.000 € para limpeza viaria non resentirá o servizo. So existen dúas interpretacións diante situación ou ben o goberno municipal pretende facernos pasar por parvos aos coruñeses e coruñesas, ou polo contrario, segundo se desprende desa afirmación o goberno do PP recoñece que tiña a intención de agasallar a empresa concesionaria da limpeza viaria con eses 404.000 €.

En quinto lugar este novo modificativo amosa a súa incapacidade para deseñar orzamentos reais. Para ser un mantra que non se cansaron de repetir cando estaban na oposición, é significativo observar como por terceira vez no que va de ano recorren a esta mala praxe, demostrando a súa nula solvencia ao cargo do goberno municipal. Algo que queda latente cando os propios informes da intervención xeral do Concello xa advertían ao goberno municipal de que isto sucedería, porque o orzamento estaba realizado baixo unhas premisas irreais que obrigarían a rectificalo, máis vostedes non fixeron caso aos órganos de fiscalización porque tiñan clara a súa estratexia en lugar de facer POLÍTICA con maiúsculas preferiron malgastar en festexos para aplicar políticas baseadas no “pan e circo”.

APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DO IMCE (VOTO EN CONTRA)

Si os recoñecementos extraxudiciais de obrigacións, coñecidos comunmente como facturas de caixón, constitúen unha auténtica chapuza administrativa, o asunto que se nos trae hoxe a aprobación definitiva é aínda máis grave. Así, no caso que nos ocupa atopámonos diante dunha prestación desenvolvida no ano 2009, pero que a factura preséntase en xuño de 2012.

Si este tema xa pinta mal, de por si, peor color toma cando a intervención municipal informa en contra do pagamento da factura de 31.500 € polo desmontaxe e montaxe da pista de xeo do Coliseo.

Resulta difícil aceptar que unha empresa non presente factura en tempo e forma, pero

Aínda é máis difícil de dixerir que precisamente a reclamación da factura chegue cando a empresa esta en concurso de acredores.

En todo caso, coido que despexaría moito o panorama coñecer o nome da empresa que grazas a este agasallo municipal, cobrará no concurso de acredores

DECLARAR COMO DISPOÑIBLES NO PRESUPOSTO DO IMCE 2012 A PAGA EXTRA DO NADAL DOS TRABALLADORES (VOTO EN CONTRA)

Independentemente do nome técnico que se lle quera dar o asunto que se nos trae ao Pleno, na praxe, non deixa de ser un modificativo de crédito do IMCE, algo curioso cando precisamente neste mesmo Pleno se trae a aprobación outro expediente de modificación de crédito do IMCE, esta descoordinación amosa a falta de organización e evidencia a falta dun plan estruturado de goberno, eiva que esperemos que o goberno municipal resolva de aquí en adiante.

Mais en definitiva o que se trae a aprobación, non é máis que a ratificación das erradas políticas do goberno central porque metendo a man no peto das empregadas e empregados públicos, eliminando, a paga extra do Nadal, o PP, non so comete un abuso social, senón que comete un grave erro económico, pois este recorte da renda dispoñible das familias traballadoras do sector público, xunto con outras medidas desafortunadas como a suba xeneralizada do IVE, vai ter unha repercusión moi grave na capacidade de consumo no próximo Nadal, afundindo máis ao pequeno comercio coruñeses e, xa que logo, xerando máis paro e pobreza na nosa cidade.

APROBACIÓN DO PROXECTO AXENDA DIXITAL  (ABASTENCIÓN)

Non cabe dúbida de que a aposta pola tecnoloxía e o coñecemento semella imprescindible para saíres da crise, para mellorar os servizos á cidadanía, a calidade de vida da veciñanza, a sostenibilidade da cidade e o cambio do modelo produtivo local.

Así o levamos demandando en Esquerda Unida dende que chegamos a María Pita, magoa do tempo perdido por non atender as nosas propostas porque xa pasaron 18 meses e aínda estamos a dar os primeiros pasos nesta tarefa.

Aínda que coincidimos nun 99% co proxecto que se trae a aprobación a este Pleno, o documento que se nos presenta non deixa de ser unha mera enumeración de principios reitores, principios que apoiamos pero que ao noso entender non corresponde traer ao Pleno sen desenvolver.

A proposta que se pretende aprobar está falta do Plan Director, que é o documento real onde se deben concretar os devanditos principios reitores. Ao non facelo así o goberno municipal pretende que a oposición asine un cheque en branco para que o PP posteriormente faga e desfaga o que queira co dito proxecto baixo a lexitimación que lle concede o apoio da oposición.

Esquerda Unida – Os Verdes entende que non pode asinar o devandito cheque en branco porque de facelo sería faltar ao noso compromiso de fiscalización da labor do goberno municipal, coas máis de 10.000 persoas que apoian a EU-V, en definitiva sería un abandono de funcións pola nosa banda que de ningunha maneira podemos incorrer.

Por outra banda a Axenda Dixital é un proxecto de longo percorrido, dende o 2012 até o 2020, o que significa que non remetará nesta lexislatura senón na seguinte. De feito no 2015 so estará desenvolvida a primeira das tres fases que curiosamente non é executiva, senón que sentará as bases necesarias, como o propio texto indica. Esta situación é paradigmática pois o PP pretende desenvolver un proxecto no que estará implicado outro goberno municipal sen consensuar nada co resto de forzas políticas. Esta situación fainos dubidar sobre as verdadeiras intencións do goberno municipal, realmente pretende desenvolver este interesante proxecto o simplemente quere “dicir que fai” diante das faltas de propostas e accións encamiñadas a reactivar a economía e fomentar o cambio do modelo produtivo local.

APROBACIÓN DEFINITIVA DO DOCUMENTO DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS DE DOTACIÓNS DE SGL CARBON S.A. (ABSTENCIÓN)

 

Relacionados