Posición no pleno do 8 outubro

POSICIÓN NO PLENO ORDINARIO DO 8 DE OUTUBRO DE 2013

APROBACIÓN INICIAL DAS ORDENANZAS FISCAIS 2014 (VOTO EN CONTRA)

Anticipamos que o noso voto será en contra, non porque rexeitemos toda a proposta, senón porque consideramos que no a aceptamos no seu conxunto, entendemos que   se debería avanzar na xustiza social e a rogresividade. Non cabe dúbida de que as entidades locais teñen poucos ferramentas para logralas, pero o certo é que existen mecanismos que permiten crear ordenanzas máis solidarias.

Neste sentido lembrar que apoiamos as ordenanzas para o ano 2012 porque coa aceptación do noso voto particular avanzabamos na xustiza social, aplicando bonificacións do 50% -a máxima que permite al ei- no IBI das vivendas de protección oficial, que corresponden a familias con rendas baixas, ou a incorporación de bonificacións progresivas na plusvalía, até chegar o 95% o máximo permitido pola lei para as persoas con menos recursos. Non apoiamos as ordenanzas do 2013 entre outras cousas pola inaceptable suba da auga, entendida esta no seu ciclo completo. Mais reiteramos a nosa disposición a colaborar na procura dunhas ordenanzas máis xustas que contribuían a axudar á veciñanza que está a sufrir con máis virulencia as consecuencias da crise, xa que logo, anunciamos a presentación de alegacións que esperamos, a lo menos, sirvan para xerar un espazo de dialogo.

En todo caso, consideramos de extrema gravidade que fagan cos órganos corporativos o mesmo que fan coa oposición, é dicir entregar a información tarde mal e arrastro. O propio ditame do TEAM advirte de que entregaron varias modificacións ao Tribunal o día 27 de setembro polo que o prazo de estudo do texto foi excesivamente breve, tres días, e non pode ser tan detallado como debería ser. Este ditame tamén contén unha serie de reparos que se deben ter en conta, son de especial relevancia os que afectan á Ordenanza Xeral de Xestión, a propósito do reparo á competencia para a declaración de lesividade, así como a introdución do anexo na Ordenanza fiscal reguladora do ICIO para fixar un mínimo na determinación da base impoñible que é de dubidosa legalidade toda vez que a redacción do artigo 102 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais é moi clara ao sinalar que constitúe a base impoñible o custe da execución material da construción, instalación ou obra.

Por outra banda, vostedes falan de conxelación de taxas, pero o certo é que propoñen 17 novas tarifas que implican elevar os compromisos tributarios da veciñanza, chegando algunha destas tarifas até os 300 euros. Exhumación en fosa común, expedición de copias de accidente de tráfico, copias de planos de proxectos técnicos, usos individuais ou colectivos en instalacións deportivas, almacenamento de vehículos por orde xudicial pasados dous meses da súa retirada, duplicado de tarxetas para animais perigosos son algunhas delas, especial gravidade supón a taxa de recuperación de mercancías decomisadas na rúa o que constitúe un claro ataque ao colectivo de inmigrantes, persoas que en moitos casos atópase na exclusión social e so lles queda a posibilidade de vender na rúa para poder comer e que vostedes está a castigar, primeiro coa presión policial, agora con presión económica. Semella que o goberno municipal, cos 100€ por decomiso, pretende que as persoas que se ven na obriga de vender na rúa pasen fame.

Nun balance xeral, estas non son as modificacións das ordenanzas fiscais que esta cidade necesita. A Coruña precisa dunhas ordenanzas que fagan máis progresiva a fiscalizade municipal e que fagan recaer o corpo dos ingresos naqueles que máis teñen. Sexan vostedes responsables e no difícil exercicio de equilibrar as contas actúen de conformidade co artigo 31 da Constitución que di: Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio.

Simplemente se require vontade política para acadar unhas cargas tributarias máis xustas e equitativas.

Insistimos en que este grupo municipal, concorda nalgunhas das súas propostas aínda que defire diametralmente noutras, por ese motivo presentaremos alegacións para volver, nalgunhas das taxas, á redacción das ordenanzas do ano 2012 e desandar o avanzado en política antisocial. Tamén o faremos para mellorar o acceso a bens fundamentais como a auga ou a vivenda:

Así propóndemos aplicar bonificacións no recibo da auga para as familias máis desfavorecidas co fin de asegurar un ben de primeira necesidade fundamental para o mantemento da vida porque non podemos permitirnos o custe social de que na Coruña existan familias sen auga corrente na súa casa.

Asemade, apostamos porque o Concello promova o acceso á vivenda, fomentando a incorporación das vivendas baleiras ao mercado de aluguer, o que traería consigo a redución de prezos debido ao aumento da demanda. Para elo propoñemos incrementar do 25% ao 50% o gravame aos inmobles de uso residencial que se atopen desocupados con carácter permanente.

PROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE M2/2013 MODIFICATIVO CRÉDITO

(VOTO EN CONTRA)

Hoxe tráese a aprobación inicial o sétimo modificativo dende que o PP chegou a María pita por un importe superior a un millón e medio de eruos, o mesmo partido que criticaba os modificativos na oposición e que agora no goberno leva unha media de tres ao ano, o mesmo partido que pedía transparencia e unha solución para Nostian diante da estafa do lixo e que agora non so non obriga a Albada a cumprir coa taxa de reciclaxe, senón que agacha as auditorías a membros da corporación e impide unha visita as instalacións, apesares de telo solicitado formalmente.

O Partido Popular en estado puro, coas súas incoherencias e a súa demagoxia. O mesmo partido que cando estaba na oposición denunciaba as contratacións a dedo e a finais de setembro acredita o 93% do importe adxudicado durante o 2013 foi por procedemento negociado, contratando a empresas amigas, limitando a concorrencia e, xa que logo, incrementando o custe das contratacións pois nos procedementos abertos preséntanse moitas máis empresas o que incrementa a posibilidade de acadar mellores ofertas. Con esta inaceptable política de contratación non é de extrañar que neste modificativo minoren en 35.000 € a partida correspondente á Publicación en Diarios oficiais… claro como contratan a dedo, sóbralles cartos das publicacións en diarios oficiais ás que obriga a contratación por procedementos aberto.

Como temos dito en anteriores ocasións, semella razoable que ao longo dun exercicio poida ser necesario reaxustar o orzamento inicial, pero é que aínda queda unha cuarta parte de exercicio e xa imos polo segunda modificación orzamental. En todo caso, si o modificativo servise para que o goberno municipal cambiase a súa política, tería os parabéns de Esquerda Unida, mais desgrazadamente é un modificativo, que afonda na política do pan e circo, preto dunha terceira parte do modificativo vai parar ao IMCE. Primeiro nos orzamentos, logo no I modificativo e agora na segunda modificación orzamentaria, observamos perplexos como o PP centra a súa actividade política nos festexos, obviando o verdadeiramente importante apostar pola promoción económica local para xerar emprego para as preto de 23.000 persoas desempregadas da cidade. 3.000 delas dende que vostedes chegaron ao goberno municipal, o que significa un incremento do 15%. Neste sentido basta dicir que neste modifiacitivo dedicase menso do 4% para reactivar a economía, concretamente 60.000 € mentes se dedican 300.000 € a festexos. Asemade o devandito investimento non é para facer unha labor pública, senón que se trata dun protocolo de colaboración coa cámara de comercio, o que amosa unha vez máis a incapacidade e falta de ideas do goberno municipal para desenvolver políticas públicas tendentes a mellorar a economía.

Máis en honor a verdade hai que dicir que do preto de medio millón de euros (446.478) que recibe o IMCE, 145000 € destínanse a pagar unha nova indemnización que recae sobre o Concello, neste caso o TSXG confirma a sentenza ditada no seu dia polo Xulgado número dous do Contencioso Administrativo referente a unha adxudicación irregular do IMCE da contratación das touradas no ano 2005. Outro escándalo a incorporar a mochila dos gobernos do PSOE coruñés. A sentenza expresa con claridade que a mesa de contratación vulnerou os principios fundamentais da Lei de Contratos do Sector Público e o fixo con alevosía pois adxudicou a favor da empresa inversiones Chicó apesares de que esta carecía da solvencia requirida no prego de condicións do contrato onde obrigaba a ter organizado touradas en prazas de segunda categoría nos últimos tres anos. O PSOE adxudicou a dita empresa apesares que non cumpría ese requisito, ao tempo que utilizaba o mesmo argumento para excluír a outras dúas empresas. Esquerda Unida exise ao goberno local que estableza os mecanismos necesarios para deupurar responsabilidades e os coruñeses e coruñesas coñezan aos responsables desta falcatruada. Xa está ben, estamos fartos de ter que afrontar unha indemnización tras outra mentres os culpables destas desfeitas saian de “rositas”. Unha situación que se debe á errática e irregular política do PSOE coruñés, tanto en contratacións como en urbanismo, as dúas puntas de lanza da corrupción nas institucións. A este ritmo cedo  superaremos os 50 millóns de burato nas arcas municipais, o que ven a supoñer preto dunha quinta parte do orzamento que ven se podería dedicar a potenciar os servizos sociais para eliminar a exclusión social na Coruña mediante unha axeitada rede de comedores sociais e outra de vivendas de aluger social municipal, para que ningún coruñés ou coruñesa pase fame o non teña teito.

O caso é que independentemente da devandita sentenza séguese a gastar en festexos cantidades inxentes de cartos e así os cartos das arcas municipais descenden a grande velocidade, neste modificativo para poder incrementar os cartos para festexos o Concello ten que utilizar o Remanente Líquido de Tesourería por importe de máis de 354.000 € o que inicialmente xerará inestabilidade financeira e necesidade de financiamento, de manterse esta situación na liquidación do presuposto, obrigaría a elaborar un plan económico financeiro, tal e como indica a intervención municipal.

Curioso é observar tamén como minoranse partidas que semellan de máximo interese segundo a demandada da veciñanza como a mellora do aparcamento, do tráfico rodado e a accesibilidade nas vías públicas.

Tamén resulta salientable observar como no propio modificativo aparece a proba de que se orzamento de maneira irreal. Por exemplo os museos científicos coruñeses necesitan incrementar a partida destinada á realización dos talleres do proxecto Kiics, xa que se recoñece que non chegan os cartos pola imputación de compromisos pendentes do exercicio anterior. É dicir que se presupostou menos importe a sabendas de que non chegaría para cubrir os ditos talleres e que habería que resolvelo a través dun modificativo ou dun recoñecemento extraxudicial de crédito.

É precisamente esta mala praxe de presupuestar contando de antemán coa necesidade de aplicar un modificativo o que rexeitamos, porque o orzamento debe reflectir da maneira máis real posible as actuacións que desenvolverá o goberno municipal.

Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (135.592,51  €)

Un dos 27 recoñecementos extraxudiciais contidos neste modificativo ten o reparo de legalidade da intervención municipal, trátase dunha factura da a UTE Roade SL-Servinor SL polo mantemento e conservación de instalacións deportivas municipais 28.159,13 €, a empresa  finalizou o contrato en xullo pero o concello non o renovou até novembro o que amosa os déficits na xestión do goberno municipal.

 

Moitos dos recoñecementos son facturas de gas e luz procedentes das concellerías de educación e urbanismo, obviamente non supoñen unha irregularidade pero si que amosan eivas no cálculo do consumo que debería ser resolto na medida do posible nos seguintes exercicios. Outras son erros de cálculo máis complicados de comprender  como os preto de 4000 € a Limpiezas Blancomar SL pola limpeza do deportivo da Torre na última quincena do ano, ou os preto de 3000 € a Multispots Galicia SL por material para unha carreira, ou os xornais do segundo semestre do 2012 da Rede galega de kioscos.

Relacionados