Posicionamento pleno municipal

Nunha cousa coincido con vostede, efectivamente o PSOE fixo auténticas chapuzas, tanto urbanísticas como contables, pero aplicando a mesma lóxica o goberno do PP resulta ser outro gran chapuceiro cunha media de tres modificativos ao ano.

Semella razoable que ao longo dun exercicio poida ser necesario reaxustar o orzamento inicial, pero abraia observar como se mantén a dinámica continuista de aplicar unha emenda aos orzamentos a metade de año. Digo emenda, porque este non é un modificativo de axustes, senón que supón unha rectificación en toda regra dos orzamentos, desvirtuándoos e demostrando que tiñamos razón cando denunciabamos o engano á cidadanía cando presentaron un orzamentos totalmente afastadas da realidade.

Centrándonos no contido deste modificativo, as únicas palabras que me saen son “mal, moi mal, peor case imposible”. Este expediente de modificación de crédito constitúe unha aberración política e contable, debería caérselles a cara de vergoña por ter o cuajo de presentar semellante proposta a metade de mandato, si tivesen dignidade dimitirían e se marcharían para casa.

Resulta que preto da metade do modificativo destínase a recoñecementos extraxudiciais de obrigacións, é dicir que o goberno municipal ten que destinar 4.690.000 € a tapar as súas deficiencias na xestión dos fondos públicos, tanto por presupostar incorrectamente como por contratar servizos ou suministros de maneira irregular. Outra vez amosan a súa hipocrisía, porque estamos a falar das famosas facturas de caixón que tanto botaban en cara ao PSOE cando gobernaba.

Dende Esquerda Unida – Os Verdes tan so podemos chegar a entender o uso deste recurso con facturas de importes menores e de maneira ocasional e extraordinaria, sempre que sexa para afrontar unha situación de urxencia. Pero non podemos avalar que se aplique este concepto en cuestións tan previsíbeis como a subvención a Compañía de Tranvías.

Por outra banda, cando resulta fundamental centrar o esforzo presupuestario en investimentos para promvoer a reactivación económica, este modificativo fai exactamente o contrario, os reduce e de maneira significativa. A propia intervención municipal alerta do descenso do investimento real neto de 1,8 millóns de euros. O PP co expediente de modificación de crédito, reduce entre outros o capítulo 6 por importe de 3.249.156 € para dotar o capítulo 4 de transferencias correntes con 5.482.898 € dedicados por unha banda a cubrir o déficit presupuestario relacionado coa subvención á Compañía de Tranvías, o que demostra con claridade como o PP presuposta de costas a realidade pois ten que dedicar 2,7 millóns para subvencionar o bus cando o número de pasaxeiros descendeu neste período. É dicir que o goberno municipal infradotou esta partida con alevosía nos orzamentos do 2013 nun claro fraude a veciñanza. Porque o presuposto non só se trata dunha obriga contable e xurídica, senón que ten un claro compoñente político onde deben quedar reflectidas as prioridades de gobernnaza. Así o PP amosa que non ten en conta as necesidades dos cidadáns e que reasigna o presuposto sen unha xustificación axeitada.

Pero o que resulta máis indignante é que o modificativo non so non corrixe as eivas do orzamento en materia de reactivación económica senón que profunda nelas ao no dedicar nada a promoción económica e xeración de emprego. Cero euros dos máis de 10 millóns neste modificativo para intentar acadar unha solución para os preto de 25.000 coruñeses e coruñesas que se atopan desempregados. Así pois constátase a desidia, impotencia e incapacidade do goberno municipal en materia de creación de emprego

A cambio de políticas activas de emprego, promoción económica e aposta polo cambio do modelo produtivo local para que o noso tecido produtivo gañe en competitividade e, xa que logo, xere emprego. O PP segue a afondar na política do pan e do circo en lugar de investir en traballo e servizos sociais como demanda a cidadanía dedica 2.235.000€ a festexos e turismo”.

Dende logo, nos proxectos de Coruña Futura, que se nos presentaba se falaba de promover a economía verde, a ecotecnoloxia, a industria dixital, o I+D+i e a sociedade do coñecemento, non os festexos. Pero para o PP as festas son de novo a súa grande aposta. Agora incrementa o orzamento nun terzo e xa reprensenta máis do dobre que a partida de emerxencia social, logo o alcalde presume de presupostos sociais. JA. É un escándalo falar de presupostos sociais cando o IMCE, grazas ao incremento de 1,25 millóns sitúase en 6 millóns de euros.

Semella paradigmático que mentes os economistas do Banco Mundial recomendan substituír o modelo do ladrillo e o turismo por I+D+i, o goberno municipal da Coruña fai exactamente o contrario.

Como si isto non fose suficiente desfeita, o PP sigue a substituír a política social pola beneficiencia, neste modificativo incrementa as subvencións a dedo en 398.000 € mentres que o fai tan so 60.000 € para emerxencia social, e dicir que aplica preto de 7 veces menos importe a políticas públicas sociais que a convenios nominativos e dedica, neste modificativo, un so euro de cada 167 a emerxencia social. Con todo, o PP centrará o seu discurso propagandistico en afirmar que o modificativo é para blindar a política social. É dicir que esa ampliación en emerxencia social non é máis que unha coartada para tapar as súas chapuzas orzamentais, que logo non chega nin a executar como xa pasou nalgún modificativo do anterior exercicio”.

POSICIÓN NO PLENO ORDINARIO DO 6 DE XUÑO DE 2013

APROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE M1/2013 MODIFICATIVO CRÉDITO

(VOTO EN CONTRA)

APROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE MODIFICATIVO CRÉDITO IMCE

(VOTO EN CONTRA)

Relacionados