A pesares de que estas obras xa remataron, seguen abandonados no medio das beirarrúas tres postes de madeira sostendo o cableado de telefónica, un deles situado na calzada ocupando un espazo que de estar libre podería servir para estacionar.
Dende hai tempo, os veciños da zona veñen reclamando ao Concello que se proceda a retirar estes postes, debido ás molestias que lles ocasionan, sen que se atenderan as súas demandas. Por isto, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes rexistrou unha pregunta de resposta escrita a fin de coñecer as medidas que vai desenvolver o goberno municipal para retirar os postes abandonados que se atopan na zona da cidade escolar, concretamente a pregunta di o seguinte:
¿ Que medidas vai levar a cabo o goberno para proceder á retirada de ditos postes ao atoparse as obras rematadas e carecer estes de calquera tipo de función?
Esquerda Unida denuncia que se está a incumprir coa lexislación vixente en relación á mobilidade e a accesibilidade. Segundo a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei, un dos principais obxectivos das administracións debe ser a desaparición de barreiras ou obstáculos físicos ou sensoriais que existan na cidade, así como o control do cumprimento da normativa de aplicación na materia, a fin de mellorar a calidade de vida de toda a poboación e especialmente das persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación. Neste sentido,
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estes postes impiden a adecuada circulación polas beirarrúas e simbolizan unha barreira, froito da desidia e a sen razón, á que moitas persoas teñen que enfrontarse cada día, xa que deben tela presente á hora de fixar un itinerario pois van en cadeiras de roda, levan carros de compra ou carros para bebés”.