POVISA empeora condicións laborais

Considera absolutamente impresentable que a dirección de POVISA, por enésima vez, empregue as condicións laborais como arma arroxadiza contra a administración pública para xustificar incrementos no concerto co Sergas.

Esquerda Unida lembra que a SICAV TÍTULOS GALICIA con filiales en Illas Caimán e Madeira ten sido un fondo de enriquecemento da familia Silveira tributando ao 1% e que gran parte dese beneficio saíu do traballo da plantilla cuxas condicións laborais pretende agora rebaixar. Lembra que nesta SICAV ten invertidos máis de 2,6 millóns de euros.

Rubén Pérez pregúntase que traspaso de recursos está acontecendo entre Remolcanosa, as aventuras inmobiliarias da familia, ou mesmo o feito de que o 18% da navieira Elcano esté participada por NGBanco que pretende desfacerse de algunhas participacións empresariais.

O coordenador lembra que este 2013 os directivos de POVISA subironse un 200% os seus salarios e que a empresa declarou beneficios polo que Traballo non ten argumentos para aprobar a proposta de descolgue de convenio proposta pola dirección da empresa

ESQUERDA UNIDA apoia de xeito decidido a folga dos traballadores e traballadoras do día 19 e pide a solidariedade de pacientes, usuarios dos servicios sanitarios e de tódala cidadanía da área sanitaria que atende o hospital privado.

Relacionados