PP e ACIP, opóñense á constitución dunha mesa social aberta en Ponteareas

A negativa do PP e de ACIP a aceptar a constitución da Mesa Social Aberta, foi evidente dende o primeiro momento. Isto quedou ben ás claras ao negarse o PP, co apoio de ACIP en todo momento, a aceptar unha emenda presentada por Ponte Solidario para solucionar os supostos defectos de forma da proposta de Mesa Social Aberta.

Deste xeito, estes dous partidos, pretenden deixar sen efecto o Informe de Mínimos, que si estaban dispostos a aprobar. Aceptan o informe de cara á galería, pero néganse á constitución dunha mesa que poida fiscalizar de forma aberta o cumprimento das condicións nel contidas.

Queda en evidencia, así, que a intención destes dous partidos é a de incumprir as condicións contidas no informe feito por Ponte Solidario que hipocritamente estaban dispostos a aprobar. E para isto, sóbranlle as testemuñas.

Dende Esquerda Unida queremos reiterar o noso recoñecemento do enorme traballo da asociación Ponte Solidario en prol do benestar da veciñanza de Ponteareas e o noso apoio e compromiso co Informe de Mínimos e coa constitución dunha Mesa Social Aberta.

Relacionados