PP, SEPI e Navantia a troika do naval

Na resolución do CPN de EU denúnciase que as mensaxes lanzadas nos últimos días dende o consello de administración de Navantia son alarmantes para o conxunto dos traballadores do sector naval. O goberno do PP, a SEPI e Navantia, unha troika que esnaquizou o tecido industrial da comarca, teñen a determinación de renunciar definitivamente á construción de barcos. Nos últimos seis anos parece que o empeño político foi preparar o camiño para un recorte brutal no cadro de persoal do estaleiro público e deixar vías abertas á privatización“.

Non houbo ningún tipo de negociación seria, non hai carga de traballo á expectativa, non houbo ningún tipo de previsión ao final do veto nin se impulsou a construción civil, salvo o flotel usado como arma arroxadiza contra as lexítimas reivindicacións obreiras, e dende a propia empresa pública, dependente do goberno, lánzase unha mensaxe de desprestixio ao mercado internacional, que pecha toda posibilidade de asinar contratos por incompetencia autorrecoñecida.

A coordinadora nacional, Yolanda Díaz, suliñou ao remate do máximo órgano de EU que “toda convocatoria sindical contra esta barbarie que pretende dar sepultura á comarca de Ferrolterra contará co concurso dos homes e mulleres de EU”.

Relacionados