PPSOE Someso e rexeneración

Esquerda Unida considera que os ataques de PSOE e PP contra aqueles que queren que se faga xustiza no caso Someso amosan os intereses comúns dos dous partidos maioritarios. Primeiro constatouse na votación da moción encamiñada a profundar na investigación do maior escándalo urbanístico da historia da cidade, onde o PP votou en contra e o PSOE abstívose. Agora cos ataques coordindados do bipartidismo contra os que queren transparencia, primeiro do PSOE e despois do PP. Cada día queda máis claro que a ambos os dous partidos actúan na defensa dos intereses das grandes promotoras inmobiliarias, primeiro gobernando a favor dos intereses dos poderosos especuladores e despois ocultando e impedindo sistematicamente que se investiguen os escándalos urbanísticos, protexendo así aos culpables e impedindo recuperar o patrimonio perdido polo concello, que é de todos os coruñeses e coruñessas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o caso Someso é un exemplo de que non todos os políticos somos iguais, uns queremos xustiza e transparencia, outros impunidade para os seus amigos. Invito a cidadanía a converter o seu fastío coa política nunha rebelión cívica que transforme esta triste realidade”.

César Santiso, que reiterou o seu total apoio as iniciativas de Xosé Manuel Carril no caso SOMESO para acadar que Francisco Vázquez e os promotores devolvan os millóns perdidos, anunciou que Esquerda Unida desenvolverá en breve iniciativas neste sentido e para que a veciñanza coñeza todo o acontecido, así como o nome das persoas que coas súas accións ou omisións propiciaron este pelotazo urbanístico., así non é de estrañar a desafección da cidadanía coa política é que a casta política sexa motivo de máxima preocupación para a poboación”.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicitará unha xuntanza co BNG para estudiar novas accións encamiñadas a recuperar os bens patrimoniais do concello e para avanzares cara a transparencia e rexeneración democrática.

Relacionados