Esta Empresa anunciara un recurso xudicial contra ese acordo de conxelación de tasas -acordo que non vulneraba o propio contido do pliego de condicións- , e con esa coartada de pronto os outros tres partidos mencionados coinciden que non se pode “perxudicar” a unha Empresa privada, pero sí se pode facer cos dereitos da cidadanía. Así, cunha interpreteación torticeira do pliego de condicións, permiten que a suba do recibo da auga sexa superior ao cálculo do IPC real. Un exemplo máis de engano e prepotencia dos que non teñen compromisos coa xente traballadora e sí utilizan as institucións para benefciar ao capital privado e beneficiarse eles mesmos. Nese Pleno tampouco aceptaron a proposta de EU para que as familias traballadoras con baixos salarios ou en situación de desemprego poidan disfrutar de autenticas bonificacións e gratuidade na matrícula da gardería municipal, privatizada na xestión tamén por excelentes e vellos amigos da “esquerda sociolista” e dun BNG ao que pertenece a concellala liberada responsable da gardería. Para este tipo de servicios públicos tan necesarios e de oferta insuficinte resulta que non pode haber máis orzamento, pero o equipo de Goberno sí pode seguir facendo gastos estúpidos, innecesarios, suntuarios, de dubidosa legalidade…para maior autobombo electoral. Este Goberno local de Vilagarcía, no seu modelo de xestión e prioridades, cada vez se parece máis á Diputación provincial que Goberna o PP.