Prácticas de bo goberno

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes no realizará preguntas orais no vindeiro pleno como método de protesta diante o bloqueo institucional que o goberno local está a someter á oposición. Este é o segundo Pleno consecutivo no que non desenvolveremos preguntas orais para denunciar a mala praxe do PP impregnando de opacidade toda a súa labor de goberno, chegando en ocasións a realizar prácticas antidemocráticas. Cabe lembrar tamén que a meirande parte das preguntas que formulamos no Pleno non son contestadas polo goberno municipal, senón que son utilizadas como arma electoralista para criticar a anteriores gobernos. Asemade abraia observar algunha das respostas as preguntas escritas, onde lonxe de contestar ao asunto preguntado, utilízanse para atacar e incluso faltar o respecto a quen formula a pregunta.

Esquerda Unida, cando chegue ao goberno municipal, comprométese a facilitar a labor institucional da oposición aplicando transparencia e participación, tal e como establecen as prácticas de bo goberno. Así pois entre as medidas que propoñemos destacan propostas para acadar transparencia corporativa: dar aceso a intranet municipal aos grupos da oposición para que poidan obter de inmediato a información de xuntas de goberno, comisións informativas, procedementos de contratación e subvencións, así como dos expedientes que se soliciten os que en todo caso os grupos terán acceso a unha copia deste si o precisan. Propostas para acadar participación: activación das Xuntas de portavoces sen remuneración económica para habilitar un canle de comunicación institucional que permita aos distintos grupos municipais acadar espazos de dialogo que faciliten a negociación política de cara a consecución de puntos de encontro nas políticas que melloran a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas. Emisión en directo e posterior acceso a ditos eventos a través da web municipal de Plenos, comisións informativas e reunións dos órganos de goberno.  Celebración anual dun debate sobre o estado da cidade que se retransmitirá en directo un día non laborable para que todos os coruñeses e coruñesas poidan coñecer a posición de cada partido político da corporación e non so a visión do goberno municipal.

César Santiso, indicou que “está claro que si o goberno municipal non deixa de poñer trabas á labor da oposición, é porque non confía na súa acción de goberno e porque algo ten que agachar”.

Relacionados