Esquerda Unida argumentou a necesidade de acometer o arranxo desta praza diante do seu deterioro e facéndose eco das demandas veciñais nese sentido. Non outra foi a nosa motivación cando demandamos e conquerimos que se incluíra no Feil a execución desta obra.
Noutra orde de cousas, o noso Grupo Municipal demanda información do Goberno Municipal en relación coa nosa proposta de cesión dos locais que a Xunta de Galicia ten en Álvaro Cunqueiro. Esquerda Unida presentara unha moción ao Pleno do concello de Ferrol para instar á Xunta de Galicia á cedernos os locais baleiros e abandonados que hai nesa praza. Esquerda Unida pregúntalle ao Goberno polas xestións desenvolvidas para facer realidade este acordo plenario nado dunha iniciativa de Esquerda Unida.
Esquerda Unida considera que a posta en uso destes espazos para fins de utilidade social supón un primeiro deber de calquera administración pública, sexan pola Xunta ou polo concello. Non pode ser, non debería acontecer que infraestruturas públicas se mal aproveiten e aínda por riba non se teñan nas debidas condicións de mantemento e limpeza.