Praza de Sartaña

 

A organización de esquerdas e ecoloxista vén manifestando a súa inquietude pola aceptación extemporánea por parte do Goberno Municipal do recurso de reposición presentado por Serviocio no mes de setembro pasado. Estas reviravoltas que veñen dun Goberno da dereita proclive en extremo a prestar atención aos interese privados do ladrillo non deixan de producir senón desacougo e preocupación.

 

EU recrimínalle ao Goberno abrir unha vía para alongar o proceso e que este poida custarlle caro ás arcas municipais, isto é, a toda a nosa cidadanía: a oferta do concello cifrouse en 76.451 euros segundo a taxación realizada namentras a empresa atrévese a pedir 4.300.000 euros segundo rexistrou no concello ao rematar ao ano pasado. Cómpre que o Goberno axilice o seu quefacer e o do Consello Consultivo de Galicia, porque a nosa veciñanza ten dereito a disfrutar dunha praza reurbanizada e anovada no seu equipamento, malia que lle pese a calquera interese privado e valedor que poida ter.

 

Esquerda Unida demanda celeridade nos trámites e firmeza por parte do Goberno para garantir o definitivo levantamento das trabas que pesan sobre este espazo público e impiden acometer a definitiva reurbanización, un dos compromisos fortes de EU.

 

Javier Galán reclama do Goberno Municipal que se acometa a liquidación do expediente neste exercicio para poder acometer xa as obras de reurbanización deste espazo senlleiro do ensanche ferrolán.

Relacionados