Praza Joaquin Martín Martínez

 

Demandas sinxelas, elementais e lóxicas que evidencian a grave situación de infradesenvolvemento que vive unha zona esquecida por parte do Concello e que dende Esquerda Unida – Os Verdes tentaremos reverter.

 

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal o acondicionamento da praza de Joaquín Martín Martínez, que se atopa abandonada e en pésimo estado para a súa utilización por parte dos veciños da zona. A praza debe transformarse nun parque de uso infantil, que a súa vez poida compartir toda a veciñanza. Propoñemos a instalación dunha fonte de auga na devandita praza e adecuar toda a zona e a súa contorna, xa que carece de servizo limpeza de maleza.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal si ten pensado mellorar a praza de Joaquín Martín Martínez, xa que se atopa en pésimas condicións para o uso da veciñanza.

 

Por outra banda, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e quéixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas as iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio, antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.

Relacionados