Esquerda Unida considera que tanto o método coma os prazos para consultar o PXOM son ilegais e propios de condutas ditatoriais e antidemocráticas. Neste sentido Carlos Portomeñe sinala que o alcalde está a tratar de evitar que os lucenses coñezamos o PXOM para impedirnos actuar en defensa da legalidade, encubrindo dese modo os favores urbanísticos aos grandes construtores e empresarios que resultan beneficiados co novo plan. O alcalde require dos cidadáns cando pide o voto pero exclúeos da información e as decisións.
Portomeñe recorda que a decisión do alcalde é ilegal porque a Lei de Bases de Réxime Local, non seu artigo 70 apartado 3, establece que “todos vos cidadáns teñen dereito a obter copias e certificacións acreditativas dos acordos das corporacións locais e os seus antecedentes, así como a consultar os arquivos e rexistros. “
Ademais, non apartado 4 do artigo 70.bis, incluído no artigo 1 da Lei 25/2009, establece que “as Administracións Públicas […] publicarán por medios telemáticos o contido actualizado dos instrumentos de ordenación territorial e urbanística en vigor, e […] de calquera actos de tramitación que sexan relevantes para a súa aprobación ou alteración”.
O goberno municipal está obrigado, polo tanto, a publicar dixitalmente o PXOM e facilitar a súa consulta a calquera cidadán ou organización que o solicite. Unha cousa é a exposición pública do documento, que EU segue reclamando como sinala a Lei del Solo de Galicia, e outra a súa edición dixital e o dereito a coñecelo que ten calquera cidadán.
Máxime cando se trata dos membros da Corporación, para os cales o Concello está obrigado a brindar “cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”. Esquerda Unida pregúntase que fai a oposición para reclamar os seus dereitos.
Para Portomeñe, esta conduta non só non evitará, senón que agravará, a situación xudicial do alcalde e a delegada de urbanismo, que nos próximos meses deberán responder ante a xustiza polas súas actuacións arbitrarias en materia de urbanismo.
Hai que recordar que estes métodos non son novos. Por exemplo, para consultar o proxecto de nova ponte sobre o Miño era necesario facelo ante a presenza dun funcionario, non se editaron copias dixitais e só se permitían dez fotocopias por persoa. Un método que impediu a presentación de alegacións pola imposibilidade de consultar os miles de folios de folios que constituían o proxecto.
Portomeñe considera que Orozco, ao igual que o seu discípulo José Blanco, ten declarado o estado de alarma na cidade e só lle resta enviar o exército. Por suposto, estas actuación demostran a impotencia do alcalde para lexislar de forma transparente e democrática.