Precarización do emprego

Significativo é que por primeira vez na historia o contrato indefinido e a tempo completo deixa de ser o tipo de contrato maioritario en beneficio da temporalidade e da precariedade.

“Os datos non poden agochar a realidade, estamos ante contratos de miseria, ante o empobrecemento dos que topan un emprego. É un modelo para a contratación de pobres”, explica o deputado de AGE Juan Fajardo, que engade: “Estase a cambiar desemprego por salarios de miseria; emprego a conta de traballadores pobres, precariedade e indignidade laboral. O Goberno está a conseguir o obxectivo da reforma laboral: poñer en nómina a explotación”.

Destacamos tamén que as prestacións en Galicia reducíronse nun 13% o que demostra un descenso da protección social das persoas sen emprego. Case a metade dos desempregados e desempregadas galegas rexistradas non teñen ningún ingreso. Estas son as políticas do Partido Popular que nos quere servos e sen dereitos.

 

Relacionados