Preescolar na Casa

 

Nunha sociedade cada vez mais desestructurada, cabe resaltar a súa labor achegando a pais e nais a postulados coeducativos e de parentalidade positiva, procurando que as familias se recoñezan como principais educadoras, reflexionen sobre como están educando e descubran novas formas de actuación cos mais pequenos. Se favorece o traballo en grupo e se crea unha rede de apoio entre as familias que deste xeito comparten preocupacións, intereses e afeccións.

 

Destaca tamén, polo orixinal traballo en favor da cultura propia, dándoselle unha especial importancia a aspectos como:

·  A posta en valor dos xogos populares.

·  A creación e edición de recursos propios e o traballo con materiais de reciclaxe.

·  A literatura infantil galega.

· O recoñecemento e dignificación do medio rural, da súa historia e de toda a riqueza das nosas vilas e aldeas.

 

Nun momento en que se demostra que os países que mais invisten en educación, son os que menos están a sufrir as consecuencias da crise e se constata a relación directa entre a prosperidade dos pobos e o nivel educativo da súa cidadanía, non parece razoable a liña de actuación do Goberno da Xunta de Galicia, suprimindo un servizo esencial para toda a comunidade educativa.

 

Preescolar na Casa

leva mais de 30 anos funcionado, traballa en mais de 60 concellos da provincia de Lugo e presta unha acción educativa clave atendendo a centos de familias, nunha provincia na que a dispersión da poboación e unha das características clave no acceso aos servizos públicos. Preescolar na Casa é unha creación galega, un referente polo que amosan interese dende fora das nosas fronteiras e merecedora do recoñecemento de numerosas institucións, polo que non parece razoable que se deixe esmorecer por carecer do necesario apoio das administracións públicas.

 

Por todo isto dende Esquerda Unida DEFENDEMOS QUE PREESCOLAR NA CASA SE INTEGRE NO SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO GALEGO e apoiamos as reivindicacións expresadas polos traballadores e a manifestación prevista para este sábado día 26, que sairá dende a Praza do Ferrol as 12:00 horas.

Relacionados