Pregunta festividade San Xoán

 

Na actualidade o municipio da Coruña ten definidos como días inhábiles o martes de Entroido e o 7 de outubro, festividade da virxe do Rosario, mais a inmensa maioría dos coruñeses e coruñesas consideran que tanto por tradición como pola transcendencia do acto festivo en si, o día 24 de xuño, día de San Xoán, debería ser declarado como día inhábil.

 

Con todo, a noite de San Xoán estase a consolidar como uns dos eventos máis importantes na nosa cidade no que se congregan milleiros de persoas xunto ao lume. Ano tras ano a participación da veciñanza increméntase notablemente, converténdose nun referente nacional. Mentres, por outra banda, a festividade do Rosario está a perder transcendencia ata o punto de case non ter repercusión, mais alá do seu significado relixioso.

 

Xa que logo Esquerda Unida preguntará no pleno ao Goberno municipal sobre a posibilidade de facer festivo San Xoán, concretamente:

– Dado o clamor popular na demanda de que o día 24 de xuño sexa inhábil. Considera o Goberno municipal a posibilidade de outorgarlle o carácter de festa local ao devandito día?

 

– Coa intención de outorgarlle maior poder de decisión a cidadanía. Estaría disposto o Goberno local a desenvolver unha consulta vinculante a través dalgunha ferramenta de participación cidadá para que á veciñanza coruñesa poida elixir os dos dous días inhábiles propios do municipio entre o martes de Entroido, o 7 de novembro día da virxe do Rosario e o día de San Xoán.

 

O grupo municipal de EU-V considera que si o Goberno non fai a consulta vinculante estará a demostrar que pretende Gobernar de costas á cidadanía.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “presentamos a pregunta para que a veciñanza saiba a postura do Goberno municipal respecto a San Xoán pois negouse a debater a moción que presentamos no pleno anterior”.

Relacionados