Esquerda Unida aposta por un proxecto de hortas urbanas que conxugue o lecer e a formación nunha actividade que na nosa bisbarra, pode ser unha saída para os desempregados. Efectivamente con este concepto errático de hortas urbanas se está a perder unha grande oportunidade de favorecer a reactivación económica local promovendo unha actividade primaria directamente relacionada co cambio do modelo produtivo. Porque en lugar da nosa proposta que daría acceso gratuíto ao cultivo das hortas, o PP aposta polo modelo pucelano, privatizador e elitista, de converter as hortas en unha actividade de lecer para os podentes pois o uso das hortas, en lugar de ser gratuíto, terá un custe de inscrición de 50 € e 25 € mensuais en concepto de aluguer, condicións que de facto impedirán participar a moitos coruñeses e coruñesas que non poden permitirse o luxo de facer o dito pagamento, porque o PP outra vez facendo gala da súa hipocrisía establece unha exención do pago do aluguer para aquelas persoas que teñan ingresos mensuais inferiores ao 75% IPREM, é dicir 399 €, o que significa que unha persoa que cobra o RISGA non se favorece da exención.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “seguimos esperando a chamada do Concello para poder achegar as nosas propostas nun tema que dominamos e temos ampla experiencia, semella que o goberno municipal pretende excluírnos do proxecto apesares de apoiar a nosa moción, aprobada por unanimidade no Pleno do Concello”. Unha proposta máis pragmática, económica e útil, na que a finalidade das hortas urbanas, ademais de axudar a economía familiar, era a de capacitar na actividade agrícola, de tal modo que a formación permitiría aos usuarios desempregados constituírse en cooperativas agrarias para explotar a enorme cantidade de terras baleiras e impordutivas que existen na bisbarra coruñesa e que o seu mantemento supón un enorme custo as arcas públicas. Permitindo a moitos desempregados acadar un modo de vida e reconverter a súa actividade, algo que sería extremadamente sinxelo cos desempregados do sector da construción, pois amabas actividades teñen bastantes puntos en común.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no pleno ao goberno local se considera que a súa proposta de hortas urbanas cubre as expectativas xeradas entre a cidadanía logo da moción de EU. Porque a proposta do PP en lugar de ser un servizo a cidadanía, convértense nun custe, pois o Concello saca a concurso o acondicionamento dos terreos por importe de 171.849 €, unha cantidade totalmente desproporcionada para os 8309 m2. Cando coa nosa proposta serían as propias persoas que accedesen gratuitamente as parcelas quen con medios achegados polo Concello desenvolvesen esta labor, xa que semella necesario formarse no acondicionamento de parcelas para poder posteriormente desenvolver actividades agrícolas de tipo ecolóxico.