Esquerda Unida pide ao goberno municipal que escoite á maioría dos coruñeses e deixe de apoiar ás touradas. É canto menos curioso que o goberno municipal amose unha postura oficial de “Patrocinio” de unha actividade violenta, como queda reflectido no prego do contrato da feira taurina, á que numerosos expertos e especialistas internacionais en Saúde Mental recomendan o veto das persoas menores de idade.
Por outra banda resulta evidente o maioritario posicionamento social a prol da fin dos festexos taurinos. A continua participación do Concello da Coruña na organización e realización da feira taurina está a xerar unha ampla e cada vez maior oposición social. Máis do 88% da mocidade rexeita que o consistorio colabore cos empresarios taurinos e facilite a realización desta cruenta actividade a través da cesión de espazos de titularidade municipal e a súa adaptación para convertelos en praza de touros. A postura dos mozos e mozas coruñesas demostra que as touradas forman parte do pasado, e no pasado deben quedar. A recente divulgación dos datos de asistencia do pasado mes de agosto, con tan so 4.674 abonos e entradas vendidas nos tres días de feira taurina, demostra que este espectáculo non xera o máis mínimo interese entre os coruñeses e as coruñesas, e como é o apoio municipal o que está a soster esta aberración, que achega máis convites que entradas vendidas de xeito efectivo.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrará una pregunta escrita no vindeiro pleno para saber si o goberno local está preparando a feira taurina no 2013 e si acondicionará gratuitamente o Coliseum. Porque no pasado ano o Concello defendeu a celebración das touradas e o seu custo de adaptación do Coliseum co pretexto de que se ía celebrar un espectáculo ecuestre que tivo lugar despois da feira taurina. A pregunta literalmente di:
¿Pensa o Goberno Municipal cobrar pola adaptación e cesión do Coliseum se se celebra unha feira taurina en 2013?
¿Entregou a empresa concesionaria algún tipo de proposta para a celebración dunha feira taurina en 2013?
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”hai moitas maneira de apoiar ás Touradas, unha é a subvención directa como facía o PSOE, outra é acondicionar con medios públicos o Coliseum como fai o PP. Tanto uns como outros defenden os espectáculos crueis cos animais”.