Mais acontece, tras varias queixas veciñais e trala pertinente visita de membros do Consello Comarcal, que nunhas das escaleiras da capela de a Nosa Señora da Fonte, que leva ao Parque da Música, levantouse un muro que consideramos un grave erro.
Noel Dopazo, responsable de Cultura e Patrimonio do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, demanda que o equipo de goberno do Partido Popular explique, se iso é posible, como se puido dar o visto bo e os motivos que xustifican semellante actuación urbanística que impide a utilización dunhas escaleiras que dan acceso a un parque público da cidade.
Outra cuestión criticable do levantamento deste muro é que, aínda que poida haber xustificación que permitira semellante aberración, o que non pode admitirse de ningunha maneira é o material utilizado para facelo, o mínimo respecto ao patrimonio cultural e histórico da cidade obriga a ser consecuente a hora de escoller materiais de obras en certos lugares de Santiago.
É importante que o Concello vele porque se cumpran uns mínimos requisitos nas actuacións urbanísticas que se leven a cabo na vía pública, co fin de evitar obras como, por exemplo, a máis que cuestionable pasarela en Caramoniña que contou coa nosa reprobación e denuncia dende o inicio.
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:
1. Deu o visto bo o arquitecto municipal ao levantamento deste muro?
2. En caso afirmativo, que motivos xustificaron que se permitira levantar este muro nunhas escaleiras que dan acceso a un parque público da cidade?
3. En caso de que esta actuación urbanística non conte co beneplácito do Concello que medidas se levarán a cabo para corrixir esta aberración urbanística?
4. Realizarase un estudo de posibles actuacións que se poidan considerar que atenten contra o patrimonio cultural e histórico da cidade, co fin de buscar solucións o antes posible?






