ave galicia.jpg - 2.47 Kb

Pregunta palamentaria sobre o AVE

 

O grupo parlamentario, a instancias da executiva nacional de Esquerda Unida, preguntou en días pasados ao goberno de España en relación co futuro do tren en Galicia. Concretamente si está prevista a circulación trens de proximidade e media distancia por estas novas liñas do AVE, logo de que a súa construcción en Galicia, está a provocar o desmantelamento de vías, a improvisación das obras ou peche de apeadeiros.

 

Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que o goberno do estado non garanta as comunicacións ferroviarias en Galiza. O goberno do PP non garante en ningún momento, o servizo de proximidade nin media distancia así coma tampouco garante a intermodalidade das estacións, así como limítase a manter en estudo permanente o mantemento das diversas estacións e apeadeiros.

 

Unha resposta que consideramos decepciónante pois o PP resposta que “o deseño da infraestructura ferroviaria prevé a posibilidade de que por estas vías circulen trens de proximidade e media distancia”. Prever a posibilidade está moi afastado de garantir tan sequera o seu mantemento.

 

A coordinadora Nacional de EU, Yolanda Díaz, manifestou que “temos que ter un sistema ferroviario adaptado ás necesidades da cidadanía e á realidade social económica e habitacional do país”. O compromiso de Esquerda Unida coa vertebración do territorio galego mediante unha rede ferroviaria pública, é unha prioridade, precisamos recuperar un ferrocarril público que garanta as necesidades da cidadanía.

 

Por todo isto, EU considera que na resposta do goberno, subxace unha falta de compromiso cunha rede ferroviaria que facilite á cidadanía desenvolver a súa vida diaria. A actuación do goberno do PP convértese nunha clara intención de converter o tren,  nun transporte elitista no que se invisten os cartos de todos, para o beneficio duns poucos privilexiados.

Relacionados