Pregunta parlamentaria AGE

Os deputados do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentaron esta mañán no Rexitro do Parlamento unha interpelación polo trámite de urxencia a raíz dunha resolución da Consellería de Educación pola que se produciu un conflicto  no  CEIP A Rabadeira (Oleiros), en relación coa admisión de alumnos no comedor escolar, que provocou  a dimisión do Consello Escolar e a destitución do Director.

No escrito os deputados de Alternativa Galega de Esquerda explicaron que o Consello Escolar seguiu estrictamente as Instruccións da Consellería de Educación según a Circular 1/2012 da Secretaría Xeral Técnica do 22 de xuño de 2012, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, establecendo uns prazos de solicitude e publicando unha lista de espera de alumnos/as e unha segunda lista de espera de alumnos/as que presentaron fora de prazo a solicitude.

Desta lista admitiuse, un alumno contra os criterios do Consello Escolar, estimando o recurso da súa nai, un alto cargo político da Xunta, e consecuencia da resolución da Consellería de Educación, obrígase á creación dunha nova praza no comedor, que pasa así de 325 a 326.

Ante o acontecido os deputados parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda denuncian que “o proceso ten toda a apariencia de ‘enchufismo’ no procedemento administrativo, e castiga á un Consello Escolar e a un Director por cumprir co seu deber”.

Por isto, desde o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda preguntaron á Cámara do Parlamento cal é a súa valoración do procedemento que seguíu a Consellería de Educación neste caso, cales serían os motivos para dictar a resolución neses termos admitindo o Recurso de Alzada dos pais do alumno admitido e por último, cales son os motivos para non ampliar as prazas do comedor podendo deste xeito acabar co problema das listas de espera neste centro educativo e incluindo a todos os alumnos e alumnas que están agora mesmo á espera de ter unha praza no comedor.

 

Relacionados