Pregunta parlamentaria CHUAC

Esquerda Unida esixe que á Xunta que garante as prestacións sanitarias públicas e evite os colapsos dos servizos de urxencias. Non son as gripes, nin a mala sorte, nin as circunstancias excepcionais, nin conxuración algunha as que causan a saturación dos servizos de urxencias: son os recortes do PP que provocan unha alarmante falta de medios humanos e materiais. Recortes que afectando tamén ao desenvolvemento dos plans de mellora da atención primaria derivan doentes cara os servizos de urxencias. Incumprimentos orzamentarios, falla de investimentos e insuficiencias na dotación de persoal que se preparan polo PP como trampolín para acelerar o proceso de privatizacións, porque a falta de persoal impide ampliar os servizos e prestar a calidade que a asistencia sanitaria pública necesaria.

Diante desta situación que se ten reiterado na Coruña pero que tamén acontece en cidades como Vigo ou Ferrol, leva ás Deputadas de EU no grupo parlamentar de AGE, Yolanda Díaz e Eva Solla, a interpelar ao goberno da Xunta en relación aos constantes colapsos nos servizos de urxencias. Concretamente a batería de preguntas orais di así:

– Que medidas de emerxencia vai desenvolver o goberno galego para evitar a reiteración do colapso das urxencias nas diferentes áreas sanitarias do país?

– Que acción estruturais en materia de equipamentos e persoal contempla desenvolver o goberno galego para fornecer estes servizos e rematar coa secuencia inaceptable dos colapsos nas urxencias das ciudades galegas?

– Non contempla o goberno galego asumir os compromisos abandonados en materia de mellora da atención primaria nas diferentes áreas sanitarias?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “as políticas do PP, concretamente os recortes en sanidade, desgrazadamente matan”, coñecemos das insuficiencias derivadas das sucesivas retalladas que o PP está a inflixir no eido sanitario, e que provocan unha erosión continuada nas prestacións malia o meritorio interese e dedicación que despregan as traballadoras e traballadores da sanidade pública.

César Santiso, indico que “os reiterados colapsos nas urxencias do CHUAC non se resolven coa mera ampliación das instalacións como falazmente suxire Feijoo, senón incrementando medios humanos e materiais, xusto o contraio que fai o PP pechando quirófanos e plantas no verán ou privatizando servizos.

Relacionados