Por ese motivo presentáramos, o pasado 12 de novembro de 2010, unha moción na que pedíamos ó anterior equipo de goberno que eliminara todos os bordos elevados que houbera nos pasos de peóns, pois posto que son os lugares especificamente ubicados para cruzar dunha beirarrúa a outra, non pode haber atranco algún que os impida utilizar as persoas que o desexen.
Transcorridos máis de dous anos desta moción, e máis de un dende que o PP goberna na cidade, seguimos a comprobar que segue habendo pasos de peóns que non están adaptados ás normas de mobilidade.
Entendemos que a labor fundamental que deber rexer as actuacións de todas as administracións públicas é a de garantir o benestar da cidadanía, polo que consideramos inadmisible que na nosa cidade sega habendo espazos públicos, tan importantes como os pasos de peóns, que limitan ese benestar ó impedir que persoas coa súa capacidade de moverse reducida, polo motivo que sexa, poidan transitar libremente pola cidade.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:
1) Fará o Concello un exhaustivo estudo de todos os pasos de peóns da cidade para comprobar cantos incumpren coa normativa de mobilidade e accesibilidade?
2) Levará a cabo o equipo de goberno as actuacións necesarias para corrixir esta grave deficiencia?