Pregunta Pleno Ponte Sagrada Familia

 

 

Esquerda unida solicita ao Goberno municipal que resolva os problemas de accesibilidade na ponte da Sagrada Familia.

 

Tratase dunha ponte que carece de rampla para minusválidos nun dos seus lados dificultando enormemente os cidadáns con problemas de mobilidade cruzar a Rolda de Outeiro, pois tamén observamos que os pasos de peóns máis próximos a ponte están a distancias inasumíbeis para a xente con dificultades para se mover.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha pregunta de resposta escrita sobre a ponte situada na Rolda de Outeiro á altura da rúa de Pasteur. Na que se lle interpela ao Goberno local para saber si era coñecedor da situación e se pensa resolver a dita eiva. E en caso afirmativo con que medidas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “sabemos que o problema é herdanza do anterior goberno, mías o actual ten a obriga de resolver o problema”.

Relacionados