Pregunta seguridade viaria

 

Esquerda Unida considera que a falta de limpeza das estradas é unha das causas que está a favorecer os accidentes. Afortunadamente na maioría das veces estes accidentes e atropelos finalizan sen consecuencias ou con consecuencias leves para os afectados, pero tamén podemos recordar algún caso recente de atropelo que rematou en falecemento.

 

O grupo municipal de EU-V lembra que presentou unha moción no último pleno para instar ao Goberno municipal a tomar as medidas correctoras necesarias para a limpeza das estradas e o PP votou en contra.

 

Por outra banda, estamos vendo que xa están aquí os primeiros temporais e que os fortes ventos serán unha constante ao longo do inverno como é usual na Coruña.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, interésase por coñecer o balance de accidentes na Coruña e desenvolve unha batería de preguntas sobre a seguridade viaria ao Goberno municipal, concretamente:

 

1.- Cántos atropelos ocorreron desde a toma de posesión da presente Corporación? Cál foi o resultado en número de mortos e de feridos?

2.- Pensa o Goberno Municipal que pode facer algo para diminuír o número de este tipo de accidentes?

3.- Co comezo da época de temporais, ten o Goberno Municipal previsto facer algún tipo de labor de revisión con fin de prever o desprendemento de cornixas ou outros elementos construtivos nos días de forte vento?

4.- Co comezo da época de temporais, ten o Goberno Municipal previsto facer algún tipo de labor de revisión con fin de prever o desprendemento de ramas ou a caída de árbores dos parques e xardíns da nosa cidade?

5.- Pensa o Goberno Municipal que a proposta feita por Esquerda Unida – Os Verdes no senso de mellorar a limpeza das calzadas pode diminuír a incidencia dos accidentes de circulación?

Relacionados