Pregunta situación económica

Esquerda Unida preguntará no pleno que obxectivos e prazos se fixa o goberno municipal para mellorar a situación económica da cidade. Porque apesares do oasis no deserto que supuxo os datos de desemprego no mes de marzo o certo e seguro é que dende que comezou o mandato o Sr. Negreira o desemprego incrementouse nun 21,5%, sendo especialmente grave no sector servizos onde o paro incrementouse nun 30% até acadar as actuais 17.000 persoas desempregadas.

Dende EU consideramos necesario levar ao pleno do concello o debate desta situación para que o goberno municipal aplique medidas correctoras as súas políticas, xa que logo, realizaremos a seguinte pregunta oral:

Que obxectivos e prazos se fixa o goberno municipal para mellorar a situación económica da cidade, diante da situación de declive do sector produtivo, a grave redución do sector industrial e o constante peche de pequenos comercios?

Esquerda Unida considera vital que o goberno municipal centre o seu esforzo inversor no sector industrial para xerar emprego. Semella fundamental diversificar a actividade produtiva e fomentar que o noso sector industrial creza, se espalle e xere emprego. Non debemos esquecer que a nosa cidade ten grandes carencias en canto a industria. Xa que logo, é necesario apostar polo I+D+i para crear un clúster tecnolóxico que permita ao noso tecido produtivo producir consumindo menos enerxía e recursos, e dicir de maneira máis eficiente e sostible. Así incrementaremos a competitividade das nosas empresas e creceremos economicamente de maneira sustentable.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”a incapacidade do goberno local para reactivar a economía local e a falta de investimento municipal en economía real, condenaran á cidade á pobreza e á mediocridade”. Por iso instamos unha vez máis a que o PP abandone a política económica baseada no turismo e o ladrillo e o formigón e centre a súa aposta na promoción do cambio do modelo produtivo cara un máis sustentable e menos dependente do petróleo. Solo apostando por un modelo centrado na sociedade do coñecemento e na economía verde permitirá reactivar a economía local e xerar emprego.

Relacionados