Pregunta sobre a Tall Ship Race

Esquerda Unida, aínda que considera a Tall Ship como unha grande oportunidade para a cidade, denuncia que o goberno municipal non ten suficientemente acreditado o gasto o que implica non ter desenvolvido ningún estudo de retorno económico. Dende EU non so coincidimos co Servizo de Deportes e Xuventude cando no primeiro apartado dos antecedentes de feito do informe-proposta, considera a devandita regata como “un evento deportivo y cultural en cuanto se combinan las actividades deportivas náuticas con la convivencia multicultural que supone las diversas banderas de los veleros participantes”, senón que afirmamos que a regata terá efectos positivos sobre a economía local e suporá unha oportunidade de visualización da nosa cidade como centro de atracción turística.

Máis apesares de estar certos da conveniencia do seu desenvolvemento, demandamos máis seriedade ao goberno municipal, xa que a falta de acreditación do gasto, indica que os distintos custos será afrontados sen un plan de acción centralizado que permita aforro as arcas municipais, ademais de impedir desenvolver de maneira rigorosa un estudo de retorno económico, unha ferramenta que debería ser obrigada cando se están a investir cartos de todos e todas.

No apartado terceiro dos antecedentes de feito do mesmo informe-proposta, o prezo total estimado do canon para garantirse o dereito a participar en dita regata é de 188.794,33 euros (IVE incluído). No apartado terceiro dos antecedentes de dereito do informe-proposta aparece unha tradución xurada ao castelán do orixinal do contrato en inglés que o Concello terá que firmar cos organizadores da regata.

A cláusula 4.2 do contrato di que o Concello pagará todos os custes, taxas e gastos que se deriven das obrigas e compromisos do apéndice 1 do contrato. No apartado segundo do Apéndice 1 do contrato aparece o detalle dos compromisos de o Concello asumirá coa firma do contrato. Pero, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non atopamos ningunha valoración dos compromisos que o Concello vai asumir, nin atopamos ningún estudo de rendibilidade turística no que figure unha estimación do importe total que a cidade terá que destinar ao evento nin canto vai ser o retorno destes cartos.

Por estes motivos, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes rexistrou unha batería de preguntas de resposta escrita sobre a regata Tall Ship Race do ano 2016  a fin de coñecer os custes que suporá para o Concello que a nosa cidade sexa porto anfitrión nesta regata. O tenor literal das preguntas é o seguinte:

– ¿Dispón o Goberno local algún estudo estimativo dos costes totais nos que incurrirá o Concello para que a nosa cidade sexa porto anfitrión da Tall Ship Race no ano 2016?

– ¿Dispón o Goberno local algún estudo estimativo da rendibilidade económica, turística ou cultural que suporá que a nosa cidade sexa porto anfitrión da Tall Ship Race no ano 2016?

– No apartado 2.2 do apéndice 1 do contrato a firmar polo Concello para participar na Tall Ship Race do ano 2016, “Indemnizaciones”, di que “La Autoridad Civil acuerda indemnizar al Organizador en relación a cualquier reclamación surgida de cualquier actividad o evento que forme parte de la actividades del Evento dentro de la zona portuaria y en tierra firme dentro del puerto y que no derive de la negligencia o actuación del Organizador o cualquiera de sus representantes, agentes, subcontrata o empleados”, ¿dispón o Goberno local dunha estimación do custo que pode supoñer o cumprimento desta obriga?

No apartado 2.4 do apéndice 1 do contrato a firmar polo Concello para participar na Tall Ship Race do ano 2016, “Prestaciones”, di que “La Autoridad Civil se compromete a proporcionar las siguientes prestaciones; y es necesario que proporcione los detalles de las mismas para la aprobación del Organizador con al menos 12 meses antes de la fecha designada para el comienzo del Evento 2016. Estos detalles de las instalaciones serán proporcionados libre de cargo (a menos que se indique lo contrario)”.

– ¿Dispón o Goberno local dunha estimación do custo que pode supoñer o cumprimento da obriga “2.4.1.1 Atraque para os barcos de clase A”?

– ¿Dispón o Goberno local dunha estimación do custo que pode supoñer o cumprimento da obriga “2.4.1.2 Atraque para as embarcacións de clase B, C e D”?

 

– ¿Dispón o Goberno local dunha estimación do custo que pode supoñer o cumprimento da obriga “2.4.1.3 Prácticos e remolcadores para as embarcacións que requiran tal asistencia”?

Relacionados