Pregunta eivas tarxetas Millenium

 

Dende a posta en marcha do plan que permite que as tarxetas Millenium podan ser utilizadas nos autobuses interurbanos na comarca da Coruña, as queixas por parte dos usuarios son continuas. A aparición de pagos por viaxes non efectuados que reducen o saldo das tarxetas, a dificultade da súa lectura nos autobuses interurbanos e os poucos lugares nos que se poden facer as recargas, veñen a ser os principais motivos de reclamación.

 

No prego de prescricións técnicas do concurso de subministro das novas tarxetas relaciónanse as normas e estándares de calidade que deberán cumprir as que van a ser subministradas,  pero que son as mesmas que figuraban no concurso anterior engadindo no novo prego a reserva de que as tarxetas serán compatibles con sistema de tarxeta metropolitana da Xunta de Galicia.

 

Entendemos que este novo prego non asegura que os problemas que están a ocorrer coas tarxetas non se repitan co novo subministro, por iso o grupo municipal de EU-V propón a implantación dun sistema de control de calidade que impida que as novas tarxetas Millenium presenten os mesmos problemas que as existentes e se substitúan as que teñen eivas.

 

Xa que logo, Esquerda Unida presenta as seguintes preguntas ao Goberno municipal:

 

¿Ten previsto o Goberno Municipal algún sistema de control de calidade que impida que as tarxetas Millenium subministradas ao amparo do “procedemento negociado con publicidade al obxecto de contratar o subministro dun mínimo de 15.000 tarxetas Millenium (S14/2011) por un importe de 95.000 euros” presenten os mesmos problemas que as existentes?

 

¿Ten previsto o Goberno Municipal a petición dalgunha indemnización ou compensación a subministradora anterior ou as empresas de transporte polos problemas que sofren ós usuarios é en concreto pola aparición de cobros que non corresponden a viaxes realizados?

 

¿Ten previsto o Goberno Municipal habilitar algún procedemento para que os usuarios de Tarxetas Millenium con problemas podan cambialas por novas tarxetas que presenten un funcionamento correcto?

 

¿Ten previsto o Goberno Municipal chegar a acordos con máis entidades bancarias ou con outros tipos de establecementos como poden ser os estancos ou os quioscos, para aumentar o número de lugares nos que se poidan facer as recargas de saldo das Tarxetas Millenium?

 

O voceiro de EU-V, César Santiso,  indicou “resulta lamentábel observar como o Concello obvia as queixas da veciñanza e mantén o mesmo prego de prescricións técnicas do concurso de subministro de novas tarxetas”.

Relacionados