O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes realizará unha pregunta oral no pleno para coñecer a valoración do goberno local sobre as baixas cifras de venta da campaña de Nadal e rebaixas coa intención de abrir un construtivo debate sobre como apoiar ao pequeno comercio, na procura de acadar solucións que permitan parar a sangría de peche de pequenos comercios que están a provocar zonas desertizadas de negocios e a perda de centos de postos de traballo.
Porque EU cree que o problema non se resolve con achegas económicas puntuais á asociacións de comerciantes, ou con iniciativas illadas como as que desenvolve o concello. Non se trata de rexeitar o xulgar estas iniciativas, algunhas moi interesantes como as noites brancas, outras non tanto. Senón que demandamos unha visión integral do problema. Coincidimos na necesidade de levar as actuacións a todos os barrios, máis tense que desenvolver en base a unha estratexia, uns obxectivos e baixo a coordinación do concello para optimizar os investimentos en promoción do comercio.
Esquerda Unida considera que so se pode recuperar o pequeno comercio coruñés mediante o desenvolvemento dun plan global que incorpore medidas reais e efectivas para promocionar o comercio, conectadas entre si para que actúen de maneira sinérxica multiplicando o seu efecto, ao tempo que se avalíen indicadores para comprobar o grado de execución dos obxectivos marcados no dito plan.
Dende EU consideramos que o devandito plan debe establecer como alicerces, por unha banda a recuperación da tradicional vida de barrio coruñesa promovendo actividades culturais e de ocio nos barrios e por outra o desenvolvemento dun plan turístico que incentive o consumo dos turistas, na cidade mediante o deseño, desenvolvemento e promoción proactiva de rutas turísticas-culturais-gastronómicas na cidade que permitiría aos comerciantes coruñeses rendibilizar así os inxentes investimentos en promocións turísticas do Concello.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “con esta iniciativa non pretendemos xerar un debate de reproches, senón expoñer a necesidade de planificar as iniciativas de cara a un obxectivo común”.