Pregunta sobre o SMI

 

O Goberno do Estado intenta transmitirnos que conxelar un dos salarios mínimos máis baixos da Unión Europea, é unha medida de austeridade coa que se pretende loitar contra a crise económica, cando en realidade a nivel de datos macroeconómicos non ten influencia.

 

Desta forma ponse freo a unha tendencia alcista do salario mínimo o cal revalorizouse anualmente en máis do 4% desde o ano 2001 ao 2009. É a primeira vez en 45 anos en que o salario mínimo conxélase. Esta renda foi creada en 1963, e durante tres anos non variou; pero desde 1967 sempre foi subindo, aínda que fose menos da inflación prevista. Foi en 1980, co Estatuto dos Traballadores, cando se estableceu a súa revisión anual, previa consulta con sindicatos e patronal.

 

Esquerda Unida rexeita a conxelación do salario mínimo interprofesional, unha medida que prexudica ás rendas máis baixas que perderán poder adquisitivo durante o ano 2012, polo que rexeitamos de forma enérxica esta conxelación salarial que castiga ás persoas que se atopan en peor situación. No ano 2009 existían máis de 183.000 persoas con salarios iguais ou inferiores ao SMI, cantidade que se incrementaría notablemente si se tivera en conta os miles de traballadores e traballadoras que non teñen convenio colectivo e cuxas condiciones de traballo son, polo tanto, máis difíciles de controlar.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes pregunta ao Goberno municipal si a conxelación do SMI pode considerarse como unha política a prol da maioría social e da xustiza social, xa que o PP negouse a debater en Pleno unha moción para instar ao Goberno central a anual e deixar sen efecto a dita conxelación. Para evitar que o Goberno do Estado faga recaer, unha vez máis, os axustes contra o colectivo máis desfavorecido. Un colectivo que ten que facer fronte ás necesidades básicas da súa vida cun salario de 8.979,60 euros anuais moi por baixo do salario medio bruto en España, que é de 22.511 euros anuais, e por suposto, moi por baixo do salario dun deputado que, por pór un exemplo, utilizamos o caso de Jesús Pousada, o novo Presidente do Congreso, cuxo salario supera os TRECE MIL EUROS MENSUAIS.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “aqueles que consideren xusto e eficaz conxelar os salarios máis baixos, aqueles que consideren que 641,40 € é un salario digno, nin aplican xustiza social nin merecen representar a cidadanía”. Pois con esta medida, non se aplica austeridade senón que se castiga a moitas familias traballadores a vivir case no limiar da pobreza e da miseria.

 

César Santiso subliñou que o SMI foi perdendo peso sobre o salario medio, afastándose do obxectivo do 60% do salario medio neto establecido pola Carta Social Europea, un obxectivo que suporía un salario mínimo de 1.026,43 euros ao mes, mais con todo, o SMI español atópase na actualidade en 641,40 euros, un dos máis baixos da Unión Europea, moi por baixo de Reino Unido onde se sitúa en 1.085 euros ou en Francia, onde chega atase sitúa en 1.365 euros, máis do dobre do español.

 

Relacionados