No caso da nosa cidade, durante os últimos 28 anos tan só desenvolvéronse dúas campañas de promoción das adopcións de animais domésticos abandonados, primando o impacto visual sobre o impacto útil, pois non existen datos que certifiquen que as adopcións aumentaran.
O feito de que tampouco existan campañas de esterilización de colonias felinas contribúe a que os gastos do seu control sexan maiores a outras vilas, xa que esterilizar aforra e axuda a ter controladas as poboacións de animais vagabundos, como demostran os estudos desenvolvidos por organizacións internacionais como WSPA ou a Asociación Animalista Libera. Xa que logo, Esquerda Unida considera que o desenvolvemento de campañas de esterilización de colonias felinas resulta máis económico para o Concello que o seu posterior control.
Por outra banda, na nosa cidade séguense a instalar circos con espectáculos que implican o uso de fauna silvestre, resulta cuestionábel que os animais fagan eses exercicios se non é a base de crueldade, medo e nunhas condicións de vida lamentables e que non se achegan ao seu hábitat natural.
O grupo municipal de EU-V, fiel ao seu compromiso de colaboración con diversos colectivos sociais presentará unha batería de preguntas consensuadas coa Asociación Animalista Libera para coñecer cal será a política do Goberno municipal sobre protección animal. Concretamente:
“- Cales van ser as liñas de traballo no eido da protección animal para o ano 2012 e con que contía orzamentarias sustentarase?
– ¿Ten pensado o Goberno municipal realizar algunha campaña de promoción das adopcións de animais abandonados ou relativa á tenza responsable?
– ¿Ten pensado o goberno municipal deixar de autorizar a instalación de espectáculos con fauna silvestre, como os circos, no territorio do Concello? En caso negativo ¿cál é a xustificación para permitir estas actividades que provocan tratamentos antinaturais aos seres vivos?”