Pregunta sobre seguros concelleiros

 

En concreto a cancelación dos seguros médicos privados e os seguros de vida.

 

Esquerda Unida saúda a iniciativa do Goberno municipal de cancelar os seguros privados que estaban a gozar algúns concelleiros.

 

Con todo, chama poderosamente a atención como todos os grupos políticos consideran favorábel a medida, máis a meirande parte dos concelleiros levaban anos beneficiándose dos devanditos seguros que pagaba a veciñanza, a cal na súa meirande parte non se os podía permitir para si mesma.

 

Xa que logo, para desenmascarar este tipo de actitudes hipócritas e tendo en conta que na presente lexislatura e antes da súa supresión o grupo de Esquerda Unida xa renunciara aos devanditos privilexios, o grupo municipal de EU-V, preguntará ao Goberno local sobre que grupos municipais se beneficiaban do seguro e con cantos concelleiros.  

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “semella inaceptábel que os cargos públicos reciban este tipo de privilexios e utilicen servizos privados de saúde, por iso dende o primeiro día renunciei aos devanditos seguros”.

 

Relacionados